A recollida selectiva volve bater récords en 2020 con incrementos do 50% ao respecto da última década
44
Recollida colector marron 2
O comportamento das catro fraccións de lixo: papel/cartón, vidro, envases e resto foi moi boa, especialmente os envases que duplicaron a recollida que se realizaba en 2010. O vidro superou o millón de quilos, e o papel/cartón achégase ás 2.000 toneladas.
O colector verde reduciu os traslados a Sogama, por debaixo das 28.500 toneladas na última década.
A Concellaría que xestiona Raimundo González agradece a implicación dos pontevedreses na recollida e tratamento dos residuos urbanos.
A Concellaría de xestión dos residuos municipais, que dirixe Raimundo González vén de facer balance da recollida selectiva no ano 2020 que amosa un claro incremento da reciclaxe na cidade e a redución dos residuos municipais remitidos a Sogama. O concelleiro quixo facer un agradecemento expreso aos veciños e veciñas de Pontevedra pola súa implicación no sistema xa que sen a súa participación activa e concienciada unha Pontevedra máis ecolóxica, ambiental e limpa, non sería posible.
Seguindo os datos da recollida selectiva: papel/cartón, vidro e envases, os incrementos son moi substanciais nos últimos anos. As tres fraccións superan individualmente o millón de quilos recollidos no 2020, unha cifra que soamente se rexistrou en 2019 no caso do vidro e dos envases; e o cartón/papel volveu á tendencia do ano 2010 e 2011.
Especialmente significativa é a recollida de envases. O pasado 2020 conseguiu dobrar a cifra de hai unha década, e en só dous anos aumentou un 36% o depósito de envases nos iglús amarelos do concello.
Tamén son reseñables as cifras do iglú verde, que superou en 2019 a barreira da tonelada de depósitos, e que se consolidou neste 2020 con 1.165.000 quilos de vidro.
O caso do papel/cartón mantén a mesma tendencia á alza achegándose ás 2.000 toneladas, unha cifra nunca antes rexistrada polos servizos de xestión dos residuos urbanos.
Papel/carton (kg)
Vidro (kg)
Envases (kg)
2010
1399630
934910
579160
2011
1127490
823760
596150
2012
1005270
809280
594100
2013
885710
877650
599820
2014
967910
798950
617240
2015
883920
826200
618715
2016
822610
840100
643036
2017
786110
842330
665080
2018
920030
940000
768200
2019
1409169
1080410
1021020
2020
1.818.230
1.165.340
1.157.580
Colector verde
Da recollida da fracción resto, a que se deposita no colector verde, tamén hai que facer unha lectura en positivo xa que o ano 2020 rexistrou unha recollida de 28.282 toneladas, a cifra máis baixa dos últimos dez anos.
Esta baixada coincidiu no tempo coa aposta decidida por parte da Concellaría que xestiona Raimundo González, do programa de compostaxe tanto na cidade como no rural, a través de centros de compostaxe comunitaria, dos colectores individuais entregados nos domicilios particulares das parroquias, e tamén do programa Composta de colector marrón que se puxo en marcha a medidados de 2020 na améndoa urbana da cidade.
A compostaxe contribuíu a reducir as achegas a Sogama, así como a unha mellor separación dos residuos a reciclar nos domicilios particulares, e ao bo comportamento de programas específicos pensados para o comercio e a hostalería como a recollida porta a porta de cartón/papel e de vidro.
Resto (Toneladas)
2010
30777,12
2011
30284,77
2012
29470,26
2013
28516,92
2014
29217,42
2015
29246,62
2016
29533,12
2017
29627,93
2018
29719,77
2019
29478,78
2020
28282,26
A Concellaría de xestión dos residuos municipais continúa a traballar para que seguir nesta liña ascendende na reciclaxe de residuos, facilitando a colaboración dos veciños e veciñas, e respondendo ás súas peticións e demandas claramente máis ecolóxicas e sostibles seguindo a liña do Efecto PO2.