O Concello reforza a plantilla municipal con 83 incorporacións neste exercicio

167
  • Trátase de prazas que proveñen da oferta pública de emprego de 2020, das cales 56 corresponden a funcionarias e  funcionarios de carreira e interinos, e 27 a procesos en marcha que rematarán este ano
  • A portavoz do Goberno municipal cualifica este dato como “histórico” e enmárcao no esforzo por modernizar e impulsar a Administración pública

A portavoz do Goberno municipal, Anabel Gulías, informou esta mañá que a Xunta de Goberno tomou coñecemento do balance de provisión de traballadores e traballadoras muncipais froito da oferta pública de emprego de 2020. Trátase da incorporación de 83 persoas prevista para este exercicio, das cales 56 corresponden a funcionarios e funcionarias de carreira e interinas e 27 a procesos en marcha que rematarán ao longo deste ano.

Anabel Gulías asegurou que se trata dun “dato histórico na provisión de traballadores e traballadoras municipais” e que se enmarca “no compromiso deste Concello coa renovación, coa modernización e con ofrecerlle mellor servizo á cidadanía”. A portavoz lembrou que, tal como xa ten indicado ao longo do mandato “marcámonos como prioridade a modernización e o impulso da Administración pública, e a modernización obviamente ten que pasar pola provisión de prazas e porque os recursos humanos teñan o peso debido para que se aceleren todos os procesos”. Neste momento, a plantilla municipal sitúase en 525 prazas.

Gulías tamén ofreceu o dato comparativo da provisión de prazas en relación ao exercicio anterior, situando en 29 as prazas cubertas en 2019, das cales 12 correspondían á Policía Local. Tamén fixo fincapé en que “a pesar da pandemia, que retrasou algún proceso, cumprimos coas expectativas que tiñamos para o 2020”. 

Relación de nomeamentos de funcionarios e funcionarias de carreira (30 prazas): 

Nomeamentos efectuados de funcionarios e funcionarias de carreira: 

1 administrativo (Servizo de Inspección Tributaria)

1 auxiliar administrativa (Sección Servizos Compartidos)

1 traballadora social (Servizo Benestar Social)

1 administrativa (Secretaría e Asuntos Xerais-Rexistro)

1 policía pola quenda mobilidade horizontal (Policía Local)

1 técnico superior mantemento espazos públicos (OTMAIES)

2 oficiais electricidade (Brigada electricidade)

1 oficial condutor mecánico (Parque Móbil)

2 oficiais xardíns (Brigada Parques e Xardíns)

1 oficial obras (Brigada Obras)

2 técnicas medias de xestión (Servizo de Patrimonio e Servizo Intervención)

2 bombeiros (SEI)

Nomeamentos de funcionarios e funcionarias en prácticas pendentes de superación de cursos selectivo e prácticas: 

2 oficiais da Policía Local

1 cabo bombeiros (SEI)

Nomeamentos de funcionarios e funcionarias en prácticas e de carreira en trámite

1 técnica deportes (Servizo Deportes)

10 policías locais (funcionarios en prácticas tras superación proceso selectivo unitario AGASP)

Nomeamentos de funcionarios e funcionarias interinas (26 prazas):

Cobertura interina de prazas vacantes:

1 enxeñeiro de camiños, canles e portos

1 administrativa para o servizo de Benestar Social

1 administrativo para o servizo de Disciplina Urbanística

1 técnica de administración xeral para o Servizo de Intervención

1 traballadora social para o Servizo de Benestar Social

1 subalterna para o Mercado Municipal

3 subalternos para a Unidade Operativa de Centros Escolares (colexios)

Interinos por acumulacións de tarefas: 

3 subalternos para a Unidade Operativa de Centros Escolares (colexios)

1 administrativo para o Servizo de Disciplina Urbanística

1 auxiliar administrativa para o Servizo de Secretaría e Asuntos Xerais-reforzo Rexistro

1 auxiliar administrativo para o Servizo de Urbanismo

Substitución baixas:

1 administrativa para a cobertura dunha baixa por maternidade no servizo de Intervención

1 administrativa para a cobertura dunha baixa IT no servizo de Benestar Social

Execución de programas temporais:

2 auxiliares administrativas para a xestión da actividade subvencionada do Concello no eido do fomento económico e social para paliar os efectos da Covid-19

Expedientes de nomeamentos interinos en trámite:

2 técnicas de administración xeral para a cobertura de diferentes postos vacantes do Concello (unha para o servizo de Educación e Promoción Económica e outra para o servizo de Benestar Social)

1 técnico/a de administración xeral para a xestión da actividade subvencionada do Concello no eido do fomento económico e social para paliar os efectos da Covid-19

1 administrativo/a para a cobertura dunha baixa por maternidade no servizo de Intervención

1 traballador/a social para a cobertura dunha baixa IT no servizo de Benestar Social

1 subalterno/a por acumulación de tarefas para o Mercado Municipal

1 auxiliar administrativo/a por acumulación de tarefas para o servizo de Patrimonio

Procesos en marcha (27 prazas): 

  • Procesos coas probas selectivas xa iniciadas e aínda pendientes da realización dalgún exercicio da oposición: 11 prazas
  • Proceso xa rematado e unicamente pendientes do nomeamento da persoa seleccionada e que se producirá ao longo do mes de xuño: 1 praza
  • Procesos cuxas probas selectivas se iniciarán en breve prazo: 15 prazas