O Concello amplía a programación de verán ao mes de xuño

210
  • ‘O son da rúa’ dá comezo este xoves e só no mes de xuño porá en marcha 5 programas nos que participan máis de 25 artistas e compañías
  • Todas as actividades terán lugar en espazos aforados, con medidas de seguridade segundo a normativa Covid vixente, serán gratuítas e non será precisa reserva previa

“Pontevedra no verán soa a paxaros, a nenos, a nenas, a música, a narración oral e a teatro” afirmaba esta mañá a concelleira de Festas e Dinamización Sociocultural, Carme da Silva, na presentación da programación de verán baixo o lema ‘O son da rúa’. Ademais do son, a concelleira asegurou que a cidade “tamén ten unha luz diferente, que é a luz que lle dá toda esa programación pero tamén a luz que lle dá toda a xente que participa nesas actividades tanto na forma directa como a xente que desfruta dela”. Da Silva explicou que a escolla deste lema responde ás particularidades do modelo Pontevedra, indicando que “en Pontevedra os espazos públicos non soan a coches conxestionados facendo barullo, senón que Pontevedra soa a persoas, a nenos, a nenas, e a paxaros”. 

A concelleira afirmou que “este ano non nos chegaban a nada dous meses”, tras a experiencia da programación do pasado ano “Pontevedra vívese, que contara con máis de 300 compañías e xuntara máis de 2.000 persoas entre artistas e persoal técnico, polo que “decidimos que este ano a programación de verán comeza en primavera”. Concretamente, comeza o xoves 3 de xuño co primeiro dos concertos do programa ‘A Banda en pequeno formato’. 

Carme da Silva fixo fincapé en que Pontevedra xa demostrara o pasado ano que “se poden programar actividades de forma segura diversificando os espazos e ampliando o número de espazos nos que se desenvolven as actividades”. Así, segundo o a situación sanitaria, todas as actividades de ‘O son da rúa’ prográmanse de partida en espazos aforados, nos que serán de obrigado cumprimento as normas de seuguridade vixentes. Ao igual que no pasado ano, as actividades serán de balde e non será precisa reserva. 

Só no mes de xuño, poranse en marcha 5 programas e pasarán polos espazos públicos da cidade máis de 25 grupos e compañías galegas. Así, todos os xoves de xuño pasarán polo palco da música da Alameda diferentes seccións da Banda de Música de Pontevedra a través do programa ‘A Banda en pequeno formato’. Seguiralle o programa ‘Audiovisións’, que comeza o venres 4 nas pistas de Campolongo, e que aúna audiovisual e música; e o venres da seguinte semana, iníciase o programa de concertos de bandas emerxentes ‘En clave local’. O 18 de xuño, e ata o domingo 27, terá lugar ‘Sete Falares’ con actuacións programadas todos os días na praza da Predreira e no palco da música da Alameda; e na última semana chega o programa ‘Música contada’ con concertos didácticos para público familiar.

Programas, datas e horarios

A banda en pequeno formato. Palco da música da Alameda. Xoves 3, 10, 17 e 24 de Xuño, ás 20h

Audiovisións. Pistas de Campolongo. Os días 4, 5 e 6 de Xuño de 2021 22:30 horas

Venres 4. ‘Hedwing and the Angry Inch’ (USA, 2001)

Sábado 5. ‘Sisters with Transistors’ (UK, 2020)

Domingo 6. Sesión de improvisación visual e sonoara a cargo de Colapso Jam (Che Garrido, LCTRCT,  Xiselr) + m8 (Cris Lores, Belén Veleiro, Lúa Zalamera)

En clave local. Parque das Palmeiras,venres 11, sábado 12, venres 18 e sábado 19 do mes de xuño ás 19h

Venres 11: FUZZ FACES, SKIRL, RODRIGO VALIENTE    

Sábado 12: SIMPSONHEAD, RANCHERAS, FROALLA, HAKU, FAUL                    

Vvenres 18: MALECHO, LIRERAD AL KRAKEN, DENOVA            

Sábado 19: LAS GRINGAS, FLIP CORALE, DR. EXCEPTO

Sete Falares. Palco da música da Alameda e praza da Pedreira. Do 18 de xuño ao 27 de xuño.

Venres 18 de xuño

18:00h. Palco da Música da Alameda: Pavís Pavos

21:00h. Praza da Pedreira: Paula Carballeira

Sábado 19 de xuño

21:00h.  Praza da Pedreira: Celso Fernández Samartín

Domingo 20 de xuño

21:00h. Praza da Pedreira: Matrioskas

Luns 21 de xuño

21:00h. Praza da Pedreira: Charo Pita

Martes 22 de xuño

21:00h . Praza da Pedreira: Divas de Diván

Mércores 23 de xuño

21:00h.  Praza da Pedreira: Lois Pérez

Xoves  24 de xuño

21:00h. Praza da Pedreira: Cris de Caldas

Venres  25 de xuño

19:00h. Palco da Música da Alameda: Miguel Horta

21:00h . Praza da Pedreira: Antonio Fontinha e Sole Felloza

Sábado  26 de xuño

12:00h.  Palco da Música da Alameda: Eugenia Manzanera

13:30h. Palco da Música da Alameda: Vermú de historias,  Sole Felloza

19:00h. Palco da Música da Alameda: Antonio Fontinha

21:00h.  Praza da Pedreira: Miguel Horta, Eugenia Manzanera e Martha Escudero

Domingo 27 de xuño

13:30h. Palco da Música da Alameda. Vermú de historias,  Martha Escudero

21:00h.  Praza da Pedreira. Gala de clausura: Eugenia Manzanera, Antonio Fontinha, Miguel Horta, Martha Escudero, Sole Felloza

Música Contada. Palco da música da Alameda, do 28 de xuño ao 1 de xullo ás 12:30h

Luns 28. Odaiko Sinfónico

Martes 29. Xosé Lois Romero, Suso Vaamonde e os 24 instrumentos populares

Mércores 30. “A música das buguinas” con Mamá Cabra & Bellón Maceiras: 

Xoves 1. Suelen Estar Quartet cuarteto de violín, viola, cello e contrabaixo