A carpa de Composta volve á Peregrina mañá para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente

96

O interese dos pontevedreses na primeira xornada, anima ao Concello a seguir divulgando os tres sistemas de compostaxe na Praza da Peregrina.

A Concellaría de xestión dos residuos municipais que coordina Raimundo González Carballo volve a sacar á rúa mañá a carpa de Composta na segunda xornada informativa, divulgativa e de concienciación cidadá sobre o sistema de tratamento dos residuos orgánicos do concello, e no marco de celebración do Día mundial do medio ambiente, este sábado, 5 de xuño.

A praza da Peregrina informará a todos os veciños e veciñas de Pontevedra que estean interesados en coñecer como participar nalgunha das modalidades de compostaxe que o Concello ten activados: individual (nas vivendas unifamiliares), comunitaria (nos centros de compostaxe polos barrios) e no colector marrón (na améndoa central da cidade).

A carpa estará aberta de 11.30 a 14 horas e de 17 a 20 horas. Ás persoas interesadas tamén se lles entregará un saquiño de compost e unha planta aromática de uso culinairo (alfabaca, hortelá, romeu, menta, salvia, ourego, coandro, melisa, lavanda, santolina ou tomiño).

A primeira xornada resultou todo un éxito de público tanto de mañá como de tarde, ben interesados en participar nalgunha das modalidades ou en recibir información sobre o proceso.