A estación de Monte Porreiro renova 4 electrobombas

5
  • A substitución destes equipos conta cun orzamento de 857.000 euros e enmárcase nas melloras do contrato da auga
  • As electrobombas retiradas xa levaban 40 anos en funcionamento e están sendo substituídas por unhas de alta eficiencia eléctrica co obxectivo de reducir o consumo enerxético

O alcalde e o concelleiro responsable das infraestruturas hidráulicas, Raimundo González, realizaron estsa mañá unha visita aos traballos de instalación das novas bombas na estación de Monte Porreiro. Trátase dunha actuación, en palabras de Miguel Anxo Fernández Lores que supón “unha mellora substancial do equipo de bombeo” ao tempo que “un avance importantísimo que nos permite ter un sistema de potabilización e de abastecemento de auga potable dos mellores que pode haber neste momento, cunha calidade da auga excelente, e que garante ter resolto o problema da auga de cara aos próximos 40 ou 50 anos”.

A actuación que se está levando a cabo na estación de Monte Porreiro consiste na substitución de de 4 eletrobombas de succión, ademais dos cadros eléctricos de cada unha delas mellorando a seguridade do complexo e apostando por motores de alta eficiencia eléctrica co obxectivo de reducir o consumo enerxético. Fernández Lores lembrou que os anteriores equipos xa esgotaran a súa vida útil tras 40 anos de servizo e que a substitución destas 4 electrobombas, cunha capacidade de bombeo de 202 litros por segundo cada unha, se suma á substitución de outras 2, cunha capacidade de bombeo de 510 litros por segundo cada unha, e que xa fora realizada no marco das obras de ampliación da rede de abastecemento de Acuaes.

Deste xeito, e tendo en conta que a capacidade de tratamento da ETAP é de 1.000 litros por segundo, a capacidade de bombeo está garantida (xa que en total se sitúa sobre os 1.800 litros/s) e permite alternar as electrobombas. O alcalde lembrou que a estación de Monte Porreiro capta a auga do río para a ETAP de Lérez, que abastece a todo o concello e tamén aos municipios da ría, Marín, Bueu, Poio, Sanxenxo, unha parte de Ponte Caldelas e que, no futuro, está previsto que abasteza tamén unha parte de Vilaboa.

Esta actuación conta cun orzamento de 857.503,94 euros e enmárcase nas melloras do da auga, adxudicado á empresa Viaqua en 2018. Neste eido, o alcalde lembrou que dos 58 millóns de euros do contrato xa foi executado “bastante máis do 50%”, salientando que no relativo ao saneamento xa está rematado no 100% das parroquias do rural e que no caso do abastecemento se chegará a máis do 90% da veciñanza. 

Por último, aproveitou a visita a Monte Porreiro para agradecer “o traballo que fan, tanto os técnicos municipais e como a empresa concesionaria, de renovación, posta a punto e mellora substancia de todo o sistema”, posto que asegurou “nos coloca en niveis de eficiencia que están por enriba, xa neste momento, do que se pide na axenda 2030, porque estamos a falar de perdas do 3,5% canto o que se fixa na axenda son perdas que non superen o 20%”.