Instalados os reductores de velocidade na Rolda Leste

79

O Concello de Pontevedra vén de rematar os traballos de instalación de redutores de velocidade na Rolda Leste, que conecta Príncipe Felipe coa estrada do Marco a Bora. Os motivos para instalación dos redutores foi a identificación de condutores que superaban amplamente o 30km/h fixados para as vías municipais.

Instaláronse tres lombos e un paso de peóns sobreelevado, atendendo así as peticións veciñais. Estes traballos están incluídos dentro do contrato de Sostemento das vías rurais, que xestiona o coordinador do rural Alberto Oubiña.

Esta decisión tómase tras as medicións realizadas por parte da Policía Local para obter datos de intensidades medias diarias (IMD) e velocidade tomando como referencia tres días significativos da semana: un venres por ser o día que rexistra as máximas intensidades circulatorias, un sábado por ser un día de transición entre máximos e mínimos, e un domingo como referencia de intensidades mínimas, por ser o día habitual de lecer para a maioría da cidadanía. 

A velocidade media nas tres xornadas superou os 30 km/h, situándose en 50 km/ de media o venres e o sábado, e en 55 km/h o domingo.