O Concello prorroga o contrato de xestión de residuos por un ano máis

19

‣ A Concellaría de Residuos está ultimando os pregos para o novo contrato que permitirá avanzar “cara a excelencia” no tratamento de recursos municipais e na limpeza

A portavoz do Goberno municipal, Anabel Gulías, vén de informar que o Concello acordou prorrogar por un período dun ano o contrato de xestión directa dos servizos públicos de residuos sólidos urbanos, recollida selectiva en orixe, transporte de residuos e limpeza viaria, isto é, do contrato de recollida de lixo e limpeza.

Segundo explicou Anabel Gulías, esta prórroga obedece a que este é o período que se estima necesario para licitar o novo contrato. Neste sentido, indicou que desde a Concellaría de Residuos xa se están ultimando os pregos, tras sufrir algún atraso o procedemento por causas relacionadas coa Covid. Gulías fixo fincapé en que xa só se están ultimando algúns flocos e que “o novo contrato vair ser un fito importante que vai permitir mellorar e traballar cara a excelencia” no ámbito do tratamento dos residuos e da limpeza.

A portavoz lembrou que nesta prórroga xa non entra a limpeza de dependencias municipais e deportivas posto que este servizo xa se está realizando con cargo a un novo contrato. O contrato de recollida de lixo de limpeza foi adxudicado a Ferrovial e a actual prórroga non implica ningunha modificación substancial nas condicións básicas.