Pontevedra xa conta con todos os depósitos de almacenamento de auga activos

19
  • Tras as obras de impermeabilización no depósito de maior capacidade da ETAP de Lérez, esta semana realizáronse as probas de estanqueidade do vaso e o luns xa estará operativo 
  • Os 8 depósitos do sistema de abastecemento do Concello permiten acumular 41.580 metros cúbicos de auga, o que equivale á auga necesaria para dar servizo durante 3 días a toda a poboación de Pontevedra e contorna

Pontevedra xa está en disposición de activar a capacidade total de almacenamento do sistema de abastecemento de auga, tras rematar as obras de impermeabilización do depósito de maior capacidade situado na ETAP de Lérez. Tras estas obras, ao longo desta semana estivéronse realizando as probas de estanqueidade do vaso (os ensaios para verificar a ausencia de fugas) e a previsión da empresa concesionaria Viaqua é que o vindeiro luns volva estar operativo.

Deste xeito, Pontevedra iniciará o verán con toda a capacidade de almacenamento da que dispón a través dos 8 depósitos de abastecemento e que permiten acumular un total de 41.580 metros cúblicos de auga, o equivalente á auga necesaria para dar servizo durante 3 días a toda a poboación de Pontevedra e aos concellos da ría aos que abastece.

Concretamente, o depósito que vén de ser impermeabilizado, con capaciade para 15.000 metros cúbicos, é o de maior capaciade da dos dous que se atopan nas instalacións da potabilizadora de Lérez e tamén o maior dos 8 da rede de abastecemento. Esta instalación presentaba perdas de auga entre os paneis prefabricados de formigón que forman as paredes e entre as xuntas dos propios paneis coas zapatas e a soleira do pavimento. As obras realizadas acadron a impermeabilización completa en todos os paramentos interiores -paredes, soleira e teito-, así como na cuberta e no muro frontal. Ademais, con esta actuación increméntase o aforro enerxético das instalacións, posto que ao evitar as perdas de auga tamén se evita o conseguinte bombeo que se necesitaba para recuperar a auga filtrada.