Volve ‘Sete Falares’ multiplicando días e artistas

100
  • A partires do vindeiro venres e ata o domingo 27 de xuño, o palco da música da Alameda e a praza da Pedreira acollerán o Festival Internacional de Contadores e Contadoras de Historias no que participan 17 artistas, a maioría galegos e galegas

Tras a ausencia do pasado ano, o Festival Internacional de Contadores e Contadoras de Historias ‘Sete Falares’ volve a Pontevedra multiplicando os días e o número de artistas participantes. Así, dos tres días habituais nesta edición pásase a 10 (do venres 18 ao domingo 27) e de 7 artistas pásase a 17, cunha especial aposta polos contadores e contadoras galegas.

En todo caso, tamén se mantén a presenza internacional cos contadores portugueses Antonio Fontinha e Miguel Horta, coa contadora de Salamanca Eugenia Manzanera, e coa mexicana residente en Barcelona Martha Escudero. Todas as actuacións están indicadas para público adulto, agás a que abre o programa o venres 18 de xullo a cargo de Pavís Pavós e a de Eugenia Manzanera do sábado 26 pola mañá. 

As actuacións terán lugar no palco da música da Alameda e na praza da Pedreira e, ao igual que o resto da programación de verán ‘O son da rúa’, será de balde, sen previa reserva, e serán de obrigado cumprimento as medidas de seguridade e protocolos Covid que estean vixentes en cada momento.

Programa

Venres 18 de xuño

18:00h. Palco da Música da Alameda: Pavís Pavos

21:00h. Praza da Pedreira: Paula Carballeira

Sábado 19 de xuño

21:00h.  Praza da Pedreira: Celso Fernández Samartín

Domingo 20 de xuño

21:00h. Praza da Pedreira: Marta Ortiz e Sofía Espiñeira

Luns 21 de xuño

21:00h. Praza da Pedreira: Charo Pita

Martes 22 de xuño

21:00h . Praza da Pedreira: Divas de Diván

Mércores 23 de xuño

21:00h.  Praza da Pedreira: Lois Pérez

Xoves  24 de xuño

21:00h. Praza da Pedreira: Cris de Caldas

Venres  25 de xuño

19:00h. Palco da Música da Alameda: Miguel Horta

21:00h . Praza da Pedreira: Antonio Fontinha e Sole Felloza

Sábado  26 de xuño

12:00h.  Palco da Música da Alameda: Eugenia Manzanera

13:30h. Palco da Música da Alameda: Vermú de historias,  Sole Felloza

19:00h. Palco da Música da Alameda: Antonio Fontinha

21:00h.  Praza da Pedreira: Miguel Horta, Eugenia Manzanera e Martha Escudero

Domingo 27 de xuño

13:30h. Palco da Música da Alameda. Vermú de historias,  Martha Escudero

21:00h.  Praza da Pedreira. Gala de clausura: Eugenia Manzanera, Antonio Fontinha, Miguel Horta, Martha Escudero, Sole Felloza