Adiada a segunda xornada dos Xogos Efecto PO2

39
  • Na xornada desta mañá participaron 40 familias, contabilizando un total de 61 nenos e nenas menores de 12 anos, entre os cinco espazos de xogos habilitados nos barrios de Campolongo, O Gorgullón, Pontevedra-Leste, O Burgo e Monte Porreiro

Atendendo á previsión de chuvia para mañá, domingo 20 de xuño, a segunda xornada dos ‘Xogos na rúa’ Efecto PO2, adíase e en vindeiros días farase pública a nova data na que se celebrará segundo vaia evolucionando a situación metereolóxica. Trátase da gran final na que participarán os equipos gañadores da xornada desta mañá. 

Nesta primeira xornada, participaron 40 familias contabilizando un total de 61 nenos e nenas menores de 12 anos, entre os cinco espazos de xogos habilitados nos barrios de Campolongo, O Gorgullón, Pontevedra-Leste, O Burgo e Monte Porreiro. Así, esta mañá, no horario estipulado (entre as 11h e as 13h) os equipos formados por crianzas e maiores  competiron amosando a súa habilidade ao redor de xogos tradicionais e colaborativos como o peletre, o tres en raia, a corda, o pano, e a colleita de mazarocas.

Convén lembrar que ‘Xogos na rúa’ Efecto PO2  é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, co obxecto de convidar á veciñanza a ocupar o espazo público dunha maneira lúdica e participativa, e enfocándoa especialmente a público familiar e a fomentar a participación interxeneracional.

Equipos gañadores por barrios

Monte Porreiro

Alexandre Pichel Blanco (11 anos)

Inés Blanco

O Burgo

Alba Pérez Costas (7 anos)

Bruno Pérez Costas (3  anos)

Gabino Pérez Romero

Vanesa Costas García 

Campolongo

Daniella Otero Asorey (7 anos)

Iago Otero Asorey (3 anos)

Iria Asorey Veiga

César Otero Rodríguez

O Gorgullón

Eloy Barreiro Loira (10 anos)

Adrián Cabaleiro Couso (9 anos)

Carles Castillo Sardá

Pontevedra- Leste

Bianca Ingrassia Sinopoli (5 anos)

Melina Ileana Sinopoli Buceta

Hernán Maximiliano Ingrassia Farache