O Concello promove dúas sesións informativas sobre a factura eléctrica

110
  • Terán lugar o venres 25 de xuño e xoves 1 de xullo no Pazo da Cultura e o obxectivo é explicar como deben interpretarse as variacións introducidas na factura da luz e o novo marco normativo

A portavoz municipal, Anabel Gulías informou está mañá que o Concello promove dúas sesións informativas sobre a factura eléctrica. Terán lugar o venres 25 de xuño e o xoves 1 de xullo no Pazo da Cultura, e ambos días terán lugar ás 20h.

As charlas teñen por obxecto explicarlle á veciñanza como se interpreta a factura da luz, así como o novo marco normativo. Segundo indicou Anabel Gulías “ultimamente con todos os cambios da factura eléctrica, parécenos que é o momento acaído para un ciclo que charlas ao redor da factura, porqe se ben é certo que hai un marco normativo novo tamén é certo que escoitamos as queixas da veciñanza en torno ao que consideran un prezo abusivo por este servizo”.

A portavoz municipal asegurou que tras estas dúas charlas, se fose necesario se organizarían novas sesións e que, en todo caso, se enmarcan “dentro do empeño deste Concello por brindarlle aos cidadáns toda a información posible en canto a cuestións relacionadas co subministro eléctrico”, tal e como xa acontecera no verán de 2019 tras os cortes no subministro que vivira a veciñanza naquel momento.

As dúas charlas informativas correrán a cargo da Asociación de Consumidores e Usuarios de Galiza ‘ACOUGA’, que explicarán como se interpreta a factura da luz, en que consisten as variacións introducidas, así como os dereitos e obrigas dos usuarios ao respecto.