Aberta a inscrición para participar nas actividades de balde de divulgación da riqueza dos parques forestais de Pontevedra

95

Poderanse facer visionado nocturno de estrelas, rutas en bicicleta, xeolocalización, obradoiros de creación artística, observación de aves ou coñecer a infraestrutura hidráulica do encoro de Pontillón do Castro de mans dos técnicos de Viaqua.

A Concellaría de Montes, que dirixe Alberto Oubiña, mantén aberta a inscrición para participar nas actividades de balde organizadas para dar a coñecer os tres parques periurbanos de Pontevedra: Pontillón do Castro, Fracha e Tomba. Trátase de divulgar as riquezas naturais e as posibilidades de esparexemento destes espazos situados a escasos quilómetros da cidade, amosando o “Espírito montuno” dos participantes, lema da campaña escollida pola Concellaría de Montes para a promoción destes espazos de gran riqueza natural.

O programa de actividades inclúe obradoiros de creación artística, visionado de estrelas, observación de aves, rutas en bicicleta ou actividades de orientación nocturna; coñecer as entrañas das instalacións hidráulicas do encoro de Pontillón do Castro ou Geocoahing en familia. 

A programación da Concellaría de Montes está pensada tanto para nenos e nenas como para adultos ou para gozar en familia.

Aínda que todas as actividades son de balde, precisan de inscrición previa dado que as prazas son limitadas. A inscrición pode facerse a través da páxina https://apuntate.pontevedra.gal/montes/ ou ben acceder a través da propia páxina dos parques forestais montes.pontevedra.gal

No Parque Forestal da Fracha están previstos:

  • Obradoiros de creación artística sobre arte e natureza
    • Datas: 26 xuño, e 24 e 31 de xullo • 
    • Horario: 11.30 h
    • Duración: 1,5 horas
    • Idades: a partir de 8 anos 
    • Prazas: 12 nenos e nenas 
  • Observación de aves forestais. Xornada de coñecementos da aves a través da súa observación e escoita. Percorrerase a un ritmo moi baixo os camiños do parque forestal para ir identificando sen ningunha presa todas as aves que se vaian detectando.
    • Datas: 26 de xuño, e 10 e 17 xullo
    • Horario: 09.00 h
    • Duración: 2,5 horas
    • Idades: a partir de 18 anos 
    • Prazas: 12 persoas 
  • Bicicleando. Roteiro guiado en bicicleta de montaña pola ruta laranxa do parque forestal da Fracha. Cunha lonxitude de 10,8 km e 360 m de desnivel positivo acumulado, farase un percorrido por este trazado, saíndo da área de lecer de Outeiro Navío e voltando á mesma.
    • Data: 27 de xuño
    • Horario: 11.00 h 
    • Duración: 2,5 horas 
    • Idades: a partir de 12 anos. Todos os menores deber asistir acompañados dunha persoa adulta responsable do mesmo (pai, nai ou titor legal). 
    • Prazas: 30 persoas 
  • Orientación nocturna. A orientación é unha actividade onde se combina o deporte, a aventura, o aire libre e a natureza. Actividade que se pode levar a cabo por calquera persoa coa finalidade de pasar un día agradable e san. Pódense facer andando e correndo, de forma individual ou en parellas. 
    • Data: 16 de xullo
    • Horario: 22.00 h
    • Duración: 2,5 horas
    • Idades: a partir de 18 anos
    • Prazas: 26 persoas

Parque forestal da Tomba

  • Natureza e creatividade.A actividade natureza e creatividade consistente nunha acción artística efémera próxima ao land art que poñerá de manifesto a relación que se da entre as árbores e reforce a importancia destes seres vivos esencias para a vida dos seres humanos.
    • Datas: 3, 10 e 16 de xullo
    • Horario: 11.00 h
    • Duración: 1,50 h
    • Idades: 7 a 12 anos 
    • Prazas: 8 nenos/nenas 
  • Buscando o norte. A orientación con mapa é unha actividade moi divertida e completa que une o deporte coa natureza. Consiste en atopar unha serie de balizas (ou marcadores) dispostas sobre unha área determinada nunha contorna natural utilizando unicamente un mapa da zona e un compás. 
    • Datas: 4, 11 e 18 de xullo
    • Horario: 10. 30 h
    • Duración: 3 horas
    • Idades: a partir de 8 anos
    • Prazas: 20 persoas 
  • Mar de estrelas. Trátase dunha actividade de divulgación astronómica no exterior. A actividade estará composta por unha observación astronómica, empregando telescopios e simple vista, máis unha explicación do que se pode observar no ceo e unha explicación sobre os planetas e o sistema solar con maquetas. 
  • Datas: 2, 9 e 16 de xullo
  • Lugar: A Tomba. Miradoiro do Torreiro
  • Horario: 23.00 h
  • Duración: 2 horas
  • Idades: maiores de 18 anos 
  • Prazas: 20 persoas 

Parque forestal do Pontillón 

  • A procura do tesouro. Ganas de aventura na natureza e un smartphone é todo o que se necesita para practicar o Geocaching, a versión dixitalmente asistida do clásico xogo da procura do tesouro. Unha actividade orixinal que combina tecnoloxía, a actividade física e a capacidade de traballo en equipo ideal para practicar en familia. 
    • Datas: 3, 10 e 24 de xullo 
    • Horario: 10.30 h
    • Duración: 3 horas
    • Idades: a partir de 8 anos
    • Prazas: 20 persoas 
  • Na boca do encoro. Visita ás instalacións hidráulicas do Encoro de Pontillón do Castro. 
    • Datas: 31 de xullo 
    • Idades: a partir de 18 anos 
  • Como é a auga? 
    • Datas: 17, 24 e 31 de xullo