O Concello organiza coas axencias de viaxe un Fam trip dentro do Plan Supera

49

Será do 2 ao 5 de xullo no que participarán un máximo de 20 axencias de todo o Estado, que visitarán Pontevedra para coñecer a súa riqueza natural, a cidade e a súa gastronomía, e poder facer paquetes específicos.

O Concello de Pontevedra organiza en colaboración coa Asociación provincial de axencias de viaxe de Pontevedra un Fam trip do 2 ao 5 de xullo no que foron convidadas axencias de viaxe do Estado para coñecer a cidade e os seus arredores. A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías e a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, presentaron xunto a Mar Rodríguez estas dúas xornadas que responden a un compromiso do Concello de Pontevedra con este sector tan danado pola crise económica derivada da pandemia. Esta acción inclúese dentro da promoción do Plan Supera, elaborado polo Concello de Pontevedra para superar a crise da Covid.

O Fam Trip centrarase na riqueza natural do Concello de Pontevedra e tamén na súa potencialidade por ser un referente en cidade amábel. Ademais, aproveitarse a estancia das axencias de viaxes de ámbito estatal para visitar os arredores.

Aínda que o convite se enviou a 5.000 axencias, o máximo de participantes serán 20. Polo de agora están confirmadas máis de 10 axencias de distintas partes do Estado: Madrid, Barcelona, Andalucía e Extremadura.

Ademais das visitas á cidade como a senda do Gafos ou zona monumental onde poderán degustar da variedade gastronómica da cidade, tamén celebrarán unha xornada de traballo entre as axencias convidadas e as locais, hoteis, restauración… co propósito de poder facer paquetes que comercializar en todo o Estado.