Os Xogos Efecto PO2 volverán ocupar o espazo público en setembro

24
  • O equipo do barrio do Burgo foi o gañador da gran final celebrada esta mañá na praza do Concello.

‘Xogos na rúa’ Efecto PO2 terán continuidade no mes de setembro, segundo anunciou esta mañá a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías. A concelleira foi a encargada de entregarlle a copa ao equipo gañador da primeira edición desta iniciativa, que resultou ser o equipo do barrio do Burgo, ao tempo que parabenizou a todas e a todos os participantes.

A gran final que tivo lugar esta mañá na praza do Concello (que non se puidera celebrar o pasado domingo por mor da chuvia) xuntou aos cinco equipos gañadores correspondentes os cinco barrios que participaran na xornada eliminatoria do sábado da semana pasada: Monte Porreiro, O Burgo, Pontevedra Leste, O Gorgullón e Campolongo. 

Na primeira xornada dos ‘Xogos na rúa’ Efecto PO2 os 40 equipos participantes competiran amosando a súa habilidade ao redor de xogos tradicionais e colaborativos como o peletre, o tres en raia, a corda e o pano; mentres que na final, os 5 equipos finalistas competiron en xogos como a argola no tallo, colleita de mazarocas, esquís familiares e repetiron o xogo da corda.

‘Xogos na rúa’ Efecto PO2 é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, que ten por obxecto de convidar á veciñanza a ocupar o espazo público dunha maneira lúdica e participativa, enfocándoa especialmente a público familiar, e a fomentar a participación interxeneracional.

Gañadores e gañadoras da 1ª Copa Xogos na Rúa: equipo do barrio do Burgo:

Alba Pérez Costas (7 anos)

Bruno Pérez Costas (3)

Blanca Pineda Batle (6)

Gabino Perez Romero 

Vanesa Costas García