Pontevedra convidará ao arquitecto David Chipperfield as conferencias Urbtopías

19

O destacado arquitecto londinense visitará Pontevedra este xoves, 1 de xullo.

A Concellaría de Promoción da Cidade que dirixe Anabel Gulías traballa xa nunha nova convoctoria de Urbtopías que se celebrará de cara ao final de ano. Urbtopías son conversas con diferentes persoas que levan anos traballando no desenvolvemento urbano debatindo cara onde deben ir as cidades. 

Este programa púxose en marcha a finais de 2018 e contou con referentes en diversos ámbitos cos que se compartiu as claves do modelo de Pontevedra.

Neste marco, a Concellaría quere convidar ao destacado arquitecto británico, David Chipperfield a participar en Urbtopías. De feito, ten previsto convidalo este xoves aproveitando unha visita do arquitecto á cidade.

Anabel Gulías explicou que Chipperfield “ten traballado en diferentes equipamentos de todo o mundo. É un perfil interesante polo compromiso coa identidade e a terra. Ten a fundación Ría que pon en valor a importancia dos vínculos co territorio e manter as identidades”.