O Pazo da Cultura acolle a sesión informativa sobre a factura eléctrica

6
  • Terá lugar mañá xoves ás 20h co obxectivo de explicar como deben interpretarse as variacións introducidas na factura da luz e o novo marco normativo

O Pazo da Cultura acolle mañá, xoves 1 de xullo, unha sesión informativa sobre a factura eléctrica co obxecto de ofrecer información a todas as persoas interesadas sobre como se interpreta a factura da luz, así como sobre o novo marco normativo. As sesión terá lugar ás 20h e para asistir é preciso inscribirse no formulario que está dispoñible na páxina web do Concello ou en apuntate.pontevedra.gal

Esta sesión está promovida polo Concello e será impartida pola Asociación Galega de Consumidores e Usuarios ‘ACOUGA’, que explicará como se interpreta a factura da luz, en que consisten as variacións introducidas, así como os dereitos e obrigas dos usuarios  e usuarias ao respecto.

A organización desta charla parte da necesidade de ofrecerlle á veciñanza respostas técnicas e rigorosas sobre as cuestións relacionadas cos prezos e as subidas nas facturas relativas ao servizo eléctrico, e enmárcase na liña doutras sesións que xa se teñen realizdo en ocasións anteriores, como hai dous anos con motivo dos cortes de subministro que se sufrira a veciñanza naquel momento.