O Concello e a Fundación Telefónica impulsan a formación dixital

54

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto co concelleiro de Novas Tecnoloxías, Alberto Oubiña, reuníronse nesta mañá de mércores cun grupo representantes da Fundación Telefónica, dirixida por Joan Cruz, director de relacións institucionais da entidade.

A reunión tiña por obxectivo formalizar e materializar o acordo que a Fundación vén de asinar co Concello de Pontevedra, como un primeiro paso para una colaboración “longa e frutífera” seguindo as propias palabras do alcalde.

O convenio permitirá a posta en marcha dunha serie de iniciativas e cursos coas novas tecnoloxías como marco principal, coa idea de fomentar o seu uso dun xeito máis racional, ao mesmo tempo que se difunde a formación en novas temáticas dentro deste eido.

Os primeiros cursos que brindará a Fundación —todos de balde e en liña— teñen unha duración de entre 20  40 horas, amais de contaren con actividades prácticas para poñer en uso os coñecementos adquiridos, xunto con distintos foros nos que os participante poderán interactuar co resto do alumnado. 

Concello e Telefónica habilitaron unha web de seu para todos os interesados nestas formacións a través desta ligazón: https://ponte.gal/cursos-telefonica. A continuación podes ver o nome de cara curso, na seguinte infografía (xa está habilitada a inscrición):

image
Aspecto dos catro cursos ofrecidos.

Alén destes cursos, o Concello tamén confirmou unha colaboración coa Fundación Telefónica que se concretará nas vindeiras semanas, mais orbitará arredor da exposición El arte en el cómic, que aterrará no mes de outubro no Pazo da Cultura, como a primeira deste tipo de actividades que chegará da man da entidade de telecomunicacións. Os responsábeis da Fundación comentaron que xa están en contacto con artistas locais para que formen parte da mesma.