Concello e Xunta asinan o convenio que incorporará o billete único de autobús

11

O acordo entre ambas as dúas entidades derivará nunha importante mellora para o transporte público pontevedrés

Tamén permitirá descontos de relevancia para os viaxeiros máis habituais

O Concello de Pontevedra asinou de xeito telemática, xunto coa consellería de Insfraestruturas e Mobilidade, o convenio de colaboración para activar as melloras nos servizos e as bonificacións no transporte público na cidade.

O alcalde de Pontevedra, sinalou que o acordo é «unha importante mellora para o transporte público» do concello, sexa urbano ou non urbano. «Trátase dun convenio que introduce como principal novidade un billete único para todas as viaxes dentro do noso Concello e tamén importantes descontos para os viaxeiros máis habituais»

Neste convenio o Concello fai unha achega de 204.000 euros dos cales máis de 59.000 son para a anualidade vixente e 145.000 para 2022. Ademais, estarían contempladas catro posibles prórrogas do acordo. O Concello comprométese a subvencionar todas as viaxes con orixe e destino en Pontevedra con 0,50 euros no caso de dispoñer da tarxeta da Xunta de Galicia. 

As tarifas do transporte urbano en Pontevedra serán as seguintes: O prezo de billete para pago en metálico será de 1,50 euros. No caso de que o usuario dispoña de tarxeta de transporte da Xunta de Galicia faráselle un desconto do 10%, é dicir, o billete queda en 1,35 euros. E no caso de que as viaxes sexan con orixe e destino Pontevedra, a esta rebaixa súmaselle a subvención municipal de 0,50 céntimos. É dicir, o billete quedaría en 0,85 euros. 

A maiores desta rebaixa, as persoas que empreguen a tarxeta da Xunta e sexan “grandes” usuarios do Transporte urbano poderán beneficiarse doutras subvencións que ten a administración autonómica para este transporte. No caso de superar as 20 viaxes ao mes faráselle un desconto do 20%, e no caso de superar as 40 viaxes, o desconto increméntase até o 50%.