O Concello recibe e anima as ciclistas do clube Farto que participarán na Volta

27

A alcaldesa en funcións, Eva Villaverde, xunto coa concelleira de Promoción Económica e Turismo en Pontevedra, Yoya Blanco, recibiron as ciclistas do clube Farto que participarán na Volta a España.

O Concello resaltou durante o encontro o importante que é para a vila poder contar cunhas representantes nesta competición, animando e desexándolles sorte para a viaxe e para o resto de competicións da tempada, lembrando, ademais, o exemplo que supoñen para as mulleres de Pontevedra, tanto a nivel deportivo coma feminino.

Paga a pena lembrar que este ano a Volta feminina terá como escenario a comunidade galega, percorrendo diferentes partes do país ao longo de catro etapas, comezando na Estación invernal cabeza de Manzaneda e rematando en Santiago de Compostela.

IMG 5495
A alcaldesa en funcións, Eva Villaverde, xunto coa concelleira de Promoción Económica e Turismo en Pontevedra, Yoya Blanco e sete das catorce mulleres que competirán co clube Farto na proba estatal.