Peche dun carril da rúa Estación para instalar unha canalización da obra da estación

20

Será durante toda a xornada de mañá e non afectará ao transporte público.

O domingo péchase a rúa Uxío Novoneira para facilitar a instalación dunha grúa para unha obra nun edificio da rúa.

As obras da estación de autobuses obrigan mañá, 29 de xullo, ao peche dun carril de circulación na rúa da Estación. Trátase do carril dirección Eduardo Pondal – Josefina Arruti. Quedarán fóra desta prohibición os vehículos de transporte público, que poderán circular no sentido circulatorio restrinxido.

O peche prodúcese pola necesidade de instalar unha canalización transversal na rúa para continuar cos traballos de reforma da estación de autobuses.

Peche de Uxío Novoneira

A rúa Uxío Novoneira, por outro lado, permanecerá pechada ao tráfico de vehículos este domingo, 1 de agosto, por mor da instalación dunha grúa na metade da rúa para dar servizo a unha obra nun inmoble da rúa. A Policía Local ten elaborado un dispositivo de mobilidade na zona con desvíos polas rúas da zona.

O horario de peche da rúa será de 07.00 a 20.00 horas.

O dispositivo de tráfico obriga ao cambio do sentido circulatorio das rúas Profesor Filgueira Valverde e Joaquín Costa (tramo Uxío Novoneira – Profesor Filgueira Valverde), para dar acceso ao centro da cidade.

Tamén se prohibirá o estacionamento e tamén se retirarán os vehículos aparcados, nas rúas que cambian de sentido de circulación até o remate dos traballos.