Ponteverán remata o graffiti dos Gafos feito en colaboración con Vaipolorío e o Ras

54

O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña visitou esta mañá o mural que a mocidade de Pontevedrá está a realizar en colaboración con Vaipolorío e Ras. Está situado no paseo do río dos Gafos, na entrada pola rúa Alcalde Hevia. Esta iniciativa forma parte do programa Ponteverán, en concreto, dos obradoiros artísticos que levaron á rúa, de man do Ras, diversas estampas na cidade: a do Gafos máis outra en Eduardo Pondal.

A intervención artística do Gafos estaba pensada como un graffiti que recorda o nome do río Menexo (o topónimo do río ao paso por esa zona), mentres que a de Eduardo Pondal estaba concebida como un mural. Este último mural xa está rematado, e o graffiti do Gafos acabarase esta mesma tarde.