Un verán salvando o río Lérez

79

Campamentos e obradoiros gratuitos medioambientais

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural en colaboración con Carrefour, lanza unha proposta de actividades orientadas ao coidado medioambiental do río Lérez, organizado pola escola de deportes urbáns e de campamentos Urban Culture Factory.

Este verán os nenos de Pontevedra e as súas familias poden unirse a unha nova iniciativa que ten como obxectivo a protección do río Lérez e a  posta en valor do coidado do medioambiente na nosa cidade. 

Durante catro semanas do mes de agosto, faranse actividades de balde con grupos de ata 10 persoas que axuden as novas xeracións a concienciarse co coidado do río Lérez e a súa contorna fluvial, destacando a importancia de previr para evitar futuras intervencións. 

‘Plogging’, deporte e medioambiente da man

Estas actividades teñen como principal eixe o concepto de ‘plogging’, unha modalidade deportiva  impulsada desde Estocolmo (Suecia) que une a práctica deportiva co amor polo medio ambiente. Trátase de sair a practicar deporte e ir recollendo os desperdicios que un se vai atopando polo camiño. O término é o resultado da fusión da popular palabra inglesa “running” e da expresión sueca “plocka upp” que significa recoller. 

Desta desta modalidade de deporte xorde o espirito das xornadas, deseñando así unha actividade deportiva que axuda a mellorar a saúde dos nosos ríos mares e praias. O mesmo tempo poñendo en valor a necesidade de ampliar a oferta deportiva do Río lérez de de devolverlle a súa relevancia para a cidade. 

Concienciación e efectividade

As xornadas teñen dúas fases: primeiro un achegamento dos grupos a problemática con obradoiros didácticos de concienciación, para dar sentido e comprender a importancia da seguinte fase de recollida. Neles aprenderase a clasificar e determinar a orixe dos residuos para tomar conciencia do noso impacto sobre o planeta terra e aminoralo, facendo un uso axeitado dos materiais orgánicos e inorgánicos que poden atopar na súa contorna. 

A segunda fase serán as xornadas de paddel surf polo río, recollendo os plásticos a flote e residuos das beiras do Lérez e da súa contorna fluvial para logo facer charlas e obradoiros co material recollido.  

“Deseñando así unha

actividade deportiva que axuda a mellorar a saúde dos nosos ríos, mares e praias. Ao mesmo tempo que poñemos en valor a necesidade de ampliar a oferta de ocio do Río lérez e

de de devolverlle a súa relevancia para a cidade”, segundo sinala Iván Puentes, concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural.

Datos de inscripción

As xornadas terán lugar durante o mes de agosto nas seguintes datas: 

1ª semana de 2 ao 6 de agosto

2ª semana do 9 ao 13 de agosto

3ª semana do 16 ao 20 de agosto

4ª semana do 23 ao 27 de agosto

Os obradoiros impartiranse no Urban Culture Factory, Avenida Corbaceiras, 44

As inscripcións realizaranse por vía telefónica, chamando ao 644 11 96 21, de 11:00 h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h