O alcalde recibe ao novo comandante director da Escola Naval

22

Como é habitual, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu esta mañá de xoves, 19 de agosto, ao capitán de navío D. Pedro Cardona Suances, nomeado de xeito recente  comandante director da Escola Naval.

Natural de Ferrol, Cardona Suances formou parte de agrupacións nacionais, OTAN e UE, e participou en múltiples exercicios e operacións; desenvolvendo a maioría da súa carreira profesional en buques de superficie, fundamental fragatas.

Nun principio, o novo comandante director ocupará o posto os próximos tres anos.