Os clubs deportivos poderán presentar a partir de mañá as solicitudes para as subvencións de 2020

262
  • Deportes vén de publicar no BOP a convocatoria das axudas anuais para o fomento da práctica deportiva e a participación en competicións oficiais, dotadas dunha achega de 300.000 €
  • As entidades disporán de 15 días naturais para presentar as súas peticións. A incidencia da Covid nas competicións, coa suspensión de calendarios, obrigou a adaptar as bases

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe nas súas páxinas a convocatoria de subvencións do ano 2020 para fomentar a práctica deportiva e a participacións dos clubs pontevedreses en competicións oficiais, abríndose deste xeito, a partir de mañá, un prazo de 15 días naturais para que as entidades interesadas poidan presentar as súas solicitudes. A convocatoria, na que se valorará a actividade desenvolvida durante a tempada 2019/2020, conta, ao igual que nos últimos exercicios, cunha achega global de 300.000 euros, coa que se veñen atendendo unha media de 65 peticións de axudas por ano.

Tal e como sinala o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, “por tratarse dun período competitivo que estivo marcado profundamente pola pandemia da Covid-19, as bases foron adaptadas para procurar un menor impacto na economía das entidades deportivas do Concello que, unha vez iniciada a súa tempada, viron modificados e/ou suspendidos os seus calendarios de competicións, e parcialmente suspendidas as súas actividades”. “A modificación de máis calado -explica o voceiro do PSOE- é a que ten que ver coa ‘contía e límite das subvencións’ (base 9ª), que pasou dunha limitación que estaba no 50%, a abrir a posibilidade de poder subvencionar ata o 100% do custo real da actividade”.

Todas aquelas entidades interesadas en ser beneficiarias de axudas ao amparo da citada convocatoria deberán presentar a súa solicitude a través da sede electrónica do Concello de Pontevedra, mediante o procedemento 204A.

Pódese consultar máis información sobre as subvencións, os documentos a achegar e o procedemento a seguir a través dos seguintes enlaces: