Os arquitectos analizan Pontevedra na conferencia La ciudad que queremos da Fundación Arquitectura y Sociedad

64

O alcalde Lores fixo esta semana unha exposición do modelo de cidade, que concluíu cunha conversa improvisada co arquitecto Francisco Mangado e o exdirector da ONU Hábital, Joan Clos, que se amosaron sorprendidos polo “sentido común” aplicado en Pontevedra.

Pontevedra foi obxecto de análise na Conferencia La ciudad que queremos da Fundación Arquitectura y Sociedad que se desenvolveu esta semana na cidade de Pamplona. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores foi o encargado de representar á cidade e interviu facendo repaso dos logros dos pontevedreses e pontevedresas para crear unha cidade de dimensión humana. Ao remate, e de xeito improvisado, participou nun diálogo xunto ao recoñecido arquitecto Francisco Mangado e ao ex director da ONU Habital, Joan Clos, que falaron das excelencias da cidade.

Francisco Mangado confesouse “sorprendido” pola exposición do alcalde Lores por ter dado “ejemplo del papel político” na transformación da cidade e concluíu que a súa maior sorpresa é que “todo está hecho desde el sentido común. No hacen falta grandes teorías”.

Por su parte, el ex director da ONU Hábital, Joan Clos advertiu aos asistentes que a solución técnica achegada para os espazos públicos de Pontevedra “están muy pensadas y non son nada sencillas”, e fixo alusión aos badéns que se elevan á altura dos peóns en plataformas de até 5 metros o que supón menos problemas aos vehículos e resulta de confianza para os peóns.

Miguel Anxo Fernández Lores, ademais da súa intervención no Congreso, atendeu á propia Fundación que colgará unha entrevista súa na web, así como a outros medios estatais como El País ou Diario de Navarra, interesados no modelo Pontevedra.