A enxeñeira, profesora de tecnoloxía e escritora Pilar Ortega Pereiro gaña o IV Premio María Victoria Moreno convocado polo Concello e Cuarto de Inverno

142
  • A obra, da que o xurado destaca o sentido do humor fresco, a lectura áxil e a posta en valor do patrimonio natural galego, levará opor título O segredo de Al´eume
  • Ademais dunha dotación económica de 4.000 € a obra será editada e publicada en lingua galega da man da citada editorial e presentado, como ben sendo habitual, no Culturgal.

A concelleira de Cultura Carme Fouces deu a coñecer xunto a Andrea Jamardo e David Cortizo o nome da gañadora do IV Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil: Pilar Ortega Pereiro, enxeñeira, profesora de tecnoloxía e escritora viguesa.

Na súa intervención Fouces apuntou a “necesidade e importancia de dotar este premio, que homenaxea a unha das escritoras máis salientables da cidade, Maria Victoria Moreno quen estou segura estaría moi contenta con esta obra que o xurado sinala como chea de sentido do humor fresco, áxil, cunha personaxe principal potente e que pon en valor o patrimonio natural galego”

Beatriz Maceda e Lorena Conde foron a gañadoras das anteriores edicións polo que, en palabras da concelleira novamente, “o premio contribúe a visibilizar ás mulleres na literatura: novas autoras con traxectoria e premios que aínda non son moi coñecidas e para as que este certame supón- ademais da dotación de 4.000€ – un impulso para colocarse en primeira liña. So con isto, cumprimos o obxectivo.”

Destacou tamén que “neste caso a gañadora non ten formación previa vinculada á escrita e é unha enxeñeira que pertence a outro ámbito, deixando claro que non está e liorta coas letras”

O xurado, reunido na tarde de onte e formado pola libreira Luz Gallego, en representación do Concello de Pontevedra, Lorena Conde, en representación da familia de María Victoria Moreno, Andrea Jamardo Seijo en representación de Cuarto de Inverno e David Cortizo Conde, de Cuarto de Inverno, que actuou como secretario considerou como gañadora “O segredo de Al´eume” entre un total de 16 orixinais por “representar a cosmovisión de María Victoria Moreno cunha personaxe protagonista moi forte,de 14 anos, constuída ao redor das personaxes secundarias onde os lugares – dada a posta en valor do patrimonio natural – son outro personaxe máis. É un libro moi divertido, con humor natural que semella ser inherente á persoa que o escribiu, áxil, onde cada capítulo remata en alto e deixa con gana de seguir. Sentimos que autora non nos poda acompañar hoxe pero cando falamos con ela por teléfono para notificala quedou moi feliz.”.

O xurado agradeceu a todos/as participantes o seu traballo e a cantidade de horas invertidas en documentarse, investigar, escribir, etc é apuntou á gran responsabilidade que supón facer a selección. Tamén comentou que “aínda que número de orixinais presentados descendeu – seguramente porque o confinamento do ano pasado resulto moi produtivo é a mellora da situación convida á socialización –  non descendeu en absoluto a calidade”

O libro, que será editado e publicado pola editorial Cuarto de Inverno, verá a luz como vén sendo habitual no Culturgal. Dende a editorial transmitiron a ledicia da filla de María Victoria ante a nova gañadora que “está desexando telo, que funcione e que haxa moitas edicións máis do premio” ao que Fouces respondeu contundente: mentres teñamos algo que dicir os que estamos aquí, o premio non periga”