Peche da rúa Echegaray por mor dunha obra

13

Será mañá de 08.00 a 17.00 horas, aproximadamente.

A Policía Local elaborou un plan de tráfico no ámbito da rúa Echegary que se pechará ao tráfico mañá, domingo, 19 de setembro, por mor dunha obra que se está a realizar na rúa.

O horario de peche será dende as 08.00 até ás 17.00 horas, aproximadamente.

O peche garante o acceso de servizos e aos garaxes, regulado por operarios, e redúcese parcialmente o estacionamento.