O XXIII Salón do Libro terá lugar do 11 ao 27 de marzo de 2022 “Con moita arte”e Euskadi como cultura convidada

27
  • A concelleira Carme Fouces avanzou a intención de retomar a un formato similar ao previo á pandemia e concentrar a actividade nas instalacións do Pazo da Cultura
  • Do mesmo xeito, e en función dos avances na situación sanitaria, apostará pola presencia dos centros escolares no Salón, con número máis reducido e priorizando as escolas da cidade e parroquias.

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou esta mañá a temática da vindeira edición do Salón do Libro, do 11 ao 27 de marzo de 2022 apuntando que “o Salón do Libro é unha activiade de primeiro orde que non parou nin en pandemia, e dende aquí quero agrdecer á equipa de traballo a súa dedicación para que en edicións complicadas como a 2020 e a 2021, pese á pandemia, tiveramos Salón. Que a cativada e as familias, protagonistas deste evento, tiveran Salón”

Fouces apuntou que “unha das cuestión positivas que trouxo esta situación sanitaria foi que deixaramos de medir o éxito do evento polas cifras de asistencia. Agora todo o mundo é consciente de que eses non son os parámetros para valorar unha actividade cultural e isto nos permite traballar cunha tranquilidade que noutro momento non tiñamos”

Nesta ocasión a concelleira quixo avanzar esta información que en parte é máis valerosa para os centros escolares implicados, que lles permite organizarse e orientar os seus traballos, neste caso cara a arte “unha temática pola que o profesorado manifestara interese en varias ocasións e que pensamos que neste momento,  que estamos nunhc aciadade cunha gran vocación creativa e cultural, e un bo momento para que dende o Salón do Libro, que é un dos eventos máis importantes que se celebran no Noroeste do país, tratemos ese tema. Tratalo dende o punto de vista da creatividade como motor do mundo. Cremos que esta situación que a bioloxía nos obirgou a vivir nos colocou en sitios onde temos que ser creativos para saír de situación difíciles e a creatividade, para todo é fundamental.  A Banda Deseñada e ilustración vai ser quizais a parte que teña unha prioridade máis importante, xa que son as raínas da literatura infantil e xuvenil, polo que van ter un tratamento moi especial. A cultura convidada vai ser Euskadi, aínda que en anteriores edicións apostamos por países americanos ou europeos, para evitar a mobilidade e as restricións é un bo momento para voltar a mirada cara os nosos irmáns e irmás de Euskalerria e convidalos a participar neste evento. Traballaremos directamente coas Escolas Unesco de Euskadi e con Galtazgorri, a sección vasca da OEPLI.”

Carme Fouces amosou a súa positividade de cara á vindeira edición prevendo un encontro entre nenos, familias, monitores, compañías, todas ás persoas que traballan no Salón e que ademais – o Salón é un xerador de emprego de calidade moi importante. Levamos quentando motores uns meses pero agora xa toca traballar a tope para que o día 11 teñamos unha inauguración como é debido.

Entre os avances da que será a XXIII edición está a aposta por un formato presencial no que o online será mínimo e centralizar de novo a actividade no Pazo ao recuperar o recinto feiral  (a excepción da Rodalibros que achegará libros e actividades a barrios e parroquias). “Queremos que os coles veñan, acheguen os seus traballos, pero que o noso obxectivo de promoción da literatura, a creatividade e a arte sexa realmente conseguido,  a base de que as familias e tamén os centros que se acheguen, teñan un espazo relaxado e que o número excesivo non mingüe a experiencia, apostando pola tranquilidade e a calidade nos espazos. De entrada, daremos prioridade aos centros de Pontevedra, que son o público obxectivo e en segundo termo da contorna. Se queda oco, os que se queiran sumar, dentro da posibilidade de gozar do espazo sen masificalo. Non imos retornar aos tempos de centos e centos de rapaces”.