O Concello de Pontevedra e a Fundación Telefónica presentan A Arte no Cómic, grandes obras da pintura universal vistas por máis de 70 historietistas e ilustradores contemporáneos

191
  • A exposición permanecerá visitable no Pazo da Cultura de Pontevedra ata o próximo 11 de novembro e están previstas diferentes actividades en torno á mesma.
  • Conta con máis de 250 obras, entre elas algunhas de historietistas galegos como Brais Rodríguez, Óscar Raña, Cynthia Alfonso, Jacobo Fernández Serrano, Fernando Llor, ou Miguelanxo Prado. Ademais, por primeira vez, poderá verse o cómic completo de María Herreros dedicado a Georgia O’Keeffe, editado polo Museo Nacional Thyssen Bornemisza.

O Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Férnandez Lores, e a concelleira Carme Fouces inauguraron esta mañá a exposición da Fundación Telefónica A arte no cómic nun acto ao que asistiron o Director de Coñecemento e Cultura Dixital e do Espazo Fundación Teléfonica, Pablo Gonzalo, o historiador e comisario da mostra Asier Mensuro e a artista María Herreros que expón por primeira vez os orixinais do seu cómic Georgia O´Keeffe,  creado durante o confinamento.

Carme Fouces que presentou o acto, quixo agradecer antes de dar paso a Pablo Gonzalo, a posibilidade de gozar desta exposición na que máis de 70 debuxantes e artistas da novena arte reinterpretan as grandes obras da historia da pintura universal así coma o traballo de todas as artistas e persoas e empresas implicadas no deseño, organización, montaxe e comisariado da mesma.

Un agradecemento que reiterou o director de Coñecemento e Cultura Dixital de Telefónica por que o traballo conxunto permitiu “presentar unha exposición distinta e renovada, moito máis grande que a orixinal, con moita obra nova como a de María Herreros que se expón por primeira vez, a que os galegos Cynthia Alfonso e Brais Rodríguez realizaron en exclusiva para esta mostra aportando o seu punto de vista. En Telefónica intentamos sempre ir un paso por diante, facendo cousas diferentes e frescas, reinterpretando temas como neste caso, compartir a arte a través dunha mirada orixinal, neste caso mérito de Asier e a súa proposta.”

Continuo as intervencións o comisario, Asier Mensuro, vasco afincado en Vigo quen puxo en valor o talento co que conta a cidade grazas a Facultade de Belas Artes da que saíu o artistas Brais Rodríguez ou o Garaxe Hermético do que procede Cynthia Alfonso que creou obra nova en concreto para esta exposición e que “nun momento ou outro ambos artistas que hoxe non puideron acompañarnos, acudirán a mostra e organizaremos algo en torno a esa visita. Pontevedra está implicada na mostra porque artistas da cidade tiñan a talla para formar parte da mesma e debería sacar peito co cómic porque na ciade hai hai moito polo que apostar. 2/3 da mosta son obra nova, e das mellores sedes polas que pasamos porque dende o Concello entenderon perfectamente o proxecto e quixeron apostar”

Mensuro agradeceu o traballo de todo o equipo pero especialmente o dos artistas  “sen os que hoxe sería imposible estar aquí e, especialmente a María Herros porque é un luxo contar cos orixinais do seu cómic de Georgia O´Keeffe producido polo Thyssen e poder amosalo enteiro”

Pola súa banda Herreros afirmou estar encanta de “poder exponer aquí estes debuxos feiros nun momento tan extraño. O traballo de debuxante é moi solitario. O cómic foi encargado en marzo 2020 e comencei en abril, polo que foi un traballo solitario e confinado que fai valorar aínda máis tenelo hoxe aquí. O cómic é unha arte por si mesmo pero tamén unha ponte coa arte contemporánea que chega a menos xente, é un xeito de chegar á xente de a pé”

Pechou a rolda de intervencións Miguel Anxo Fernández Lóres que logo de agradecer o traballo a todos/as apuntou á loubanza que o comisario Asier Mensuro fixo da cidade: “non podo coincidir máis coas palabras de Asier sobre o potencial e o talento co que conta esta cidade e coas súas referencias  a Pontevedra e o cómic pero sempre está ben que estas cousas as diga xente que non é de aquí para non parecer engreídos. Orgullo de cidade e a cidadanía que a conforma. Este é un proxecto colectivo de cidade de vangarda”.

O Alcalde apuntou que a colaboración con Fundación Telefónica comezou hai varios meses organizando unhas xornadas formativas e dese encontro xurdiu a proposta de compartir os seus fondos de arte. “Esta é a primeira pero agardamos que non sexa a última. Como ben dixo Asier Pontevedra está implicada na propia exposición, temos Belas Artes, a BD deseñada da man de Kiko Dasilva e de sempre lle demos unha impotancia e papel importante á ilustración dentro do Salón do Libro- que xa vai camino da 23 edición – con concurso de cartaces ou a homenaxe que cada ano se fai a autores e ilustradores. A presencia galega e de Pontevedra na mostra son unha demostración da potencia da ilustración en Galicia. Animo aos xornalistas e axentes culturais aquí presentes a difundir esta mostra para que canta máis xente posible se achegue á visitala porque coido que paga moito a pena”

A continuación tivo lugar unha visita guidada da man do comisario Asier Mensuro e onde a propia artista, María Herreros, explicou detalladamente o proxecto de Georgia O´Keeffe a través dos orixinais que entre outros aspectos “representan unha muller infrarrepresentada no mundo cómic. Unha artista pioneira en atender á importancia da relación da imaxe do artista coa súa obra nos anos 30 e 40 e recuperar e mercar a súas obras mestras e donalas aos espazos onde quixo deixar o seu legado”

A mostra permanecerá visitable ata o 11 de novemebro no horario habitual da Sala de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos de 12 a 14 horas. Está previsto realizar diferentes actividades e visitas guiadas en torno á exposición que serán difundicas próximamente.

A relación entre a arte e o cómic:

É coñecida a proximidade dos grandes pintores do Pop Art á iconografía do cómic, pero o camiño inverso está moito menos estudado e esconde verdadeiras sorpresas. A exposición recrea o modo en que a chamada novena arte se inspira e homenaxea ás obras mestras dos grandes pintores en viñetas e ilustracións. As visións das grandes obras pictóricas xurdidas da man dos historietistas ofrecen unha mirada única e distinta sobre a historia da arte. E fano de maneira moi diversa: en ocasións, o debuxante reproduce a obra pictórica da maneira máis fidedigna posible. Noutras, imita a composición dun cadro, substituíndo as súas figuras por personaxes da súa propia creación. Tamén hai citas estilísticas, nas que se emula a técnica pictórica e o uso da luz e da cor característica dun determinado pintor. Por último, hai pezas realmente creativas nas que, partindo da iconografía e o significado da obra pictórica, o historietista reflexiona sobre algún aspecto da realidade contemporánea, evidenciando así que as obras mestras da historia da arte están tan vivas hoxe día como no momento no que se pintaron.

Ademais, esta exposición ocúpase da relación entre os centros de arte e o cómic, que se intensifica na última década e media, grazas a unha iniciativa que parte do Museo do Louvre. En 2005, da man de Fabrice Douar, editor no Museo do Louvre, e de Sébastien Gnaedig, director editorial de Futuropolis, créase unha colección de cómics na que o propio museo ou os seus fondos de arte son o elemento protagonista da historia. Esta iniciativa refórzase coa programación de exposicións sobre a novena arte como Le petit dessein, le Louvre convide a bande dessinée (2009), Les Fantômes du Louvre (2012), Louvre nº 9 (2017-2020), ou L´archéologie en bulles (2019).

Rende o exemplo noutros museos que comprenden con rapidez as posibilidades narrativas que o cómic ofrece para difundir os contidos dos grandes centros de arte dun modo diferente e inédito. Así, o Museo de Orsay, unha vez máis xunto á editorial Futuropolis, crea en 2014 a súa propia colección de cómics ambientada na mítica estación de tren e nas coleccións de arte que alberga.

Outros museos comezan a editar cómics e a programar exposicións arredor do mundo da arte da viñeta. Nesta ocasión, destácase o traballo do Museo Nacional Thyssen Bornemisza, que xunto á editorial Astiberri, encarga a María Herreros unha biografía en cómic da pintora Georgia O’Keeffe. No Pazo de Cultura de Pontevedra poderán verse os 107 debuxos que conforman a antedita historieta. 

A Colección Telefónica convértese en cómic:

Con A Arte no Cómic, Fundación Telefónica sumouse a esta iniciativa encargando versións libres dalgunhas das mellores pezas do seu patrimonio artístico a ilustradores e historietistas de prestixio. Entre eles, Javier Olivares, Premio Nacional de Cómic de 2015, e Santiago García, ofrecen a súa visión de Constructivo en blanco y negro TBA (1933) de Joaquín Torres García.

A debuxante Mamen Moreu realizou tres ilustracións en homenaxe a Le peintre au travail, de Pablo Picasso; Assemblage amb graffitti, de Antoni Tàpies, e La Belle Société, de René Magritte. Juan Berrio, pola súa banda, documéntase sobre o período en que María Blanchard pinta a obra Composición cubista (1918), e realizou unha historieta dunha soa páxina que emula a estrutura do mítico cómic 13, Rue del Percebe, de Francisco Ibáñez.

Outros autores que construíron versións de pezas da Colección Telefónica son Ana Galvañ, con dúas ilustracións de Phycological Morphology, de Roberto Matta, e Nature morte cubiste, de María Blanchard; Tyto Alba, con dúas versións de Verres, journal et bouteille de vin, de Juan Gris e L´appel, de Paul Delvaux; e Teresa Valero, cunha imaxe de La chanteuse, de Juan Gris.

Outros cómics inspirados na historia da arte:

A destacar o traballo de Brais Rodríguez, que mostra unha importante selección de traballos, entre os que destacan tres pezas vangardistas inspiradas no Op Art, de gran formato; e o dos tamén galegos Óscar Raña e Cynthia Alfonso, que realizan unha peza conxunta realizada ad hoc para esta exposición na súa sede do Pazo de Cultura de Pontevedra, e que se inspira no grafismo de Peter Halley.

Xunto a eles, o traballo de moitos outros historietistas tan importantes como Milo Manara, Rubén Perellejo, Don Julio, Anxo da Rúa, Daniel Torres, Luís Durán, Arthur Suydam, Álvaro Ortiz, Enrique Ventura, Clément Oubrerie, Gin, José Luis Martín, Alfonso Azpiri, Raúlo Cáceres, Paco Roca, e un longo etc.

A mostra puido verse por primeira vez en España no Espazo Fundación Telefónica de Madrid en 2016 e, desde entón, itinerou en 10 ocasións por diferentes centros do país.