Deportes publica o listado das actividades do programa de EDM 2021-2022 que precisarán de sorteo para adxudicar as súas prazas

269

O Servizo Municipal de Deportes vén de publicar o listado das actividades do programa de Escolas Deportivas Municipais (EDM) 2021-2022 cuxa demanda supera o número de prazas ofertadas e que, en consecuencia, deberán sortearse entre os solicitantes. En concreto, esta situación prodúcese nas EDM de atletismo, bádminton, baloncesto, balonmán, escalada deportiva, escalada, fútbol, judo, pádel, taekwondo, tenis, xadrez, ximnasia acrobática e ximnasia trampolín.


Pódese consultar o listado coas actividades e os nomes das persoas que participarán no sorteo a través do seguinte enlace: https://deportepo.blogspot.com/2021/10/listaxes-de-actividades-con-sorteo-nas.html
Tralo sorteo de prazas, que se celebrará de xeito presencial nas gradas do Pavillón Municipal dos Deportes, o Concello dará a coñecer xa os listados definitivos, o que permitirá poñer en marcha as actividades e abrir a fase de inscrición propiamente dita. O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, agarda que o programa de EDM 2021-2022 se poida iniciar xa na vindeira semana.

Toda a información sobre as EDM 2021-2022 aparece compilada neste link: https://deportepo.blogspot.com/2021/10/recopilacion-de-toda-informacion-das.html