O xurado da campaña O Meu Compromiso percorre os 42 establecementos participantes no concurso de escaparatismo para valorar as súas propostas de decoración ecolóxica

59

Un xurado composto polo deputado provincial Santos Héctor Rodríguez, o técnico do Servizo Municipal de Promoción Económica Francisco López Sieiro, e a general manager da firma Sra. Nona Brand, Noemi de Miguel, percorreu hoxe os 42 establecementos comerciais participantes no concurso de escaparatismo do proxecto O Meu Compromiso, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo en colaboración coa Deputación Provincial cos obxectivos de concienciar sobre a importancia dunha decoración sostible, dinamizar e dar visibilidade ao comercio de proximidade, enxalzar a creatividade das nosas tendas e incentivar as compras nas tendas implicadas. Dito xurado, que valorará esencialmente a creatividade e a orixinalidade, así como o respecto pola esencia da campaña e a inclusión dos materiais que lles toquen nas súas zonas, dará mañá a coñecer os nomes dos tres comercios gañadores do certame, aos que se fará entrega de premios de 600 euros.


A propia concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, acompañou aos membros do xurado durante un treito desta ruta (polas Galerías Oliva) para comprobar en persoa “a enorme calidade, bo gusto e compromiso co medio ambiente dos decorados instalados nos comercios participantes”. “Hai que agradecerlle especialmente á experta Cany Juncal, especialista en Visual Merchandising, que durante as pasadas semanas realizou asesoramentos entre os locais inscritos para enfocar os seus proxectos decorativos, este excelente resultado”, subliñou a edil socialista.


Os establecementos inscritos na campaña están distribuídos do seguinte xeito: 7 representantes da zona 1, de materiais reciclables, próximos ao punto de Rosalía de Castro (Piliña Vivancos, Mission Surf Shop, Mundo Verde, Xoiería Palamios, Viajes Eroski, La Ventana Natural Herbolario e Expendiduría 19), 21 da zona 2, de fibras naturais, do contorno da Praza de Ourense (La Artesa, Amo Galicia, Pilar Delmas Filgueira, Mercería Jota, Carnaby, Fentos, Joyería Martínez Vilanova, Milagros Molero, Calzados El Precio Justo, Óptica Lafuente, Lanas Teresa Tobío, Sunset Pontevedra, Peluquería Ana Barros, Ricar, A3 Papelería Técnica, Zapatillería Mora, Casa Sada, Dequip Pontevedra, POT, Centro Especial de Empleo Emeene e Ecosabor) e 14 do da zona 3, de plantas e madeiras, da área de Loureiro Crespo (Espazo Lector Nobel, Comercial Minia, Liz Esperón, M de Mamá, Mister Baby, Macos Moda Hombre, Frutería Sonia, Fentos Joyería, El Desván, Pepa y Punto, Librería Depapeis, María José Lois ‘Cuaderna Maestra’, Sube Aminube e Lawen Art Studio).