Pontevedra volverá darlle á benvida ao mes de maio co tradicional Concurso de Maios na Praza da Ferraría

361
O Concello ofrecerá até catro premios por modalidade (ao maio tradicional, ás cantigas, á interpretación, á coroa), amais dun premio por participación e o especial do xurado
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia do extracto da convocatoria e rematará o 28 de abril  

O Concello de Pontevedra convoca a toda a veciñanza da cidade, amais de asociacións culturais, veciñais e xuvenís a participaren no Concurso de Maios que se vai a celebrar o día 1 de maio ás 11.00 horas na Praza da Ferraría.

Segundo o establecido na convocatoria, a organización desta cita ten como fin de preservar o patrimonio cultural e fomentar o interese polas actividades culturais e festivas tradicionais do municipio. 

Poderán participar no concurso de maios as persoas físicas, asociacións, entidades e persoas xurídicas legalmente constituídas así como agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade, que cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases e se inscriban para participar no concurso. É condición imprescindible que os maios que participen no concurso soliciten a súa inscrición no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra, conforme ó modelo que aparece recollido nas bases oficiais.

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia do extracto da convocatoria e rematará o 28 de abril do 2022.

Cada maio recibirá 150 euros como premio pola súa participación no concurso, agás que o xurado o descualifique por non cumprir os requisitos previstos nas presentes bases. As contías de cada premio, para cada modalidade, varían entre os 350 e os 100 euros.

Na seguinte ligazón podes consultar todas as bases e o formulario de inscrición.