A campaña Volta ao Cole 2022 alivia o regreso ás aulas sorteando 28 vales de 70 euros entre os clientes do comercio local

561

O inminente inicio do curso escolar xa empeza a traer de cabeza a moitas familias, que xa comezan a planificar todo o necesario para o regreso dos rapaces ás aulas nun escenario de inflación. Axudar a paliar ese ‘baixón’ do fin das vacacións, animar este proceso de preparación para o arrinque das clases e aliviar un pouco a carteira dos clientes do comercio de proximidade son algúns dos principais obxectivos da agardada campaña Volta ao Cole 2022, impulsada pola Concellería de Promoción Económica e Turismo en colaboración coa firma Pontevedra Dixital.


A iniciativa, que estará activa entre os días 1 e 20 de setembro, terá entre os seus alicientes o sorteo de 28 vales de 70 euros para gastar integramente en algún dos aproximadamente 400 comercios locais con venda a pé de rúa participantes na mesma. De cara a promocionar a campaña, serán distribuídas 400 unidades de cartaces para que os establecementos a coloquen visibles nos escaparates e 40.000 boletos en paquetes de 100 unidades, que serán entregados en cada copra e depositados polos portadores nun buzón que quedará instalado na entrada principal do Mercado de Abastos.


A Praza Municipal foi precisamente o escenario elixido esta mañá pola concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, para presentar esta IV edición da Volta ao Cole, nun acto no que estivo acompañada pola coordinadora da campaña, Marga Caeiro, responsable de Pontevedra Dixital. Tal e como apuntou a edil socialista, “os pais e nais xa comezamos a mercar nestas datas material escolar, libros, uniformes, roupa e demais produtos para a volta ao cole, que xa está moi cerquiña”. “Quedan fóra da campaña as grandes cadeas, franquías, supermercados, froiterías, tendas de alimentación en xeral, profesionais da perruquería e da estética, empresas de servizos, hostalería e restauración e todos aqueles profesionais que non realicen venda de produtos”, matizou Blanco.


A concelleira animou á cidadanía pontevedresa “a mercar todos os seus produtos vitais para o comezo do cole no comercio local”, tendo a posibilidade de cubrir os boletos repartidos cos seus datos, depositalo no buzón da Praza, e de gañar “un dos vales de 70 euros que sortearemos no Mercado de Abastos o 21 de setembro (os gañadores serán comunicados por vía telefónica) e que poderán trocar integramente en calquera dos establecementos participantes ata o 20 de outubro de 2022”.


Tanto os cartaces promocionais como os boletos para o sorteo empezarán a repartirse entre os comercios a partir de mañá (os que non a reciban, poden solicitala no teléfono 630 65 04 15). O listado completo dos establecementos participantes será publicado na páxina web do Concello de Pontevedra (pontevedra.gal).


A promoción terá o seu ámbito nos pequenos establecementos comerciais do concello de Pontevedra, sempre e cando os mesmos se atopen abertos ao público e en normal funcionamento durante o período indicado. A campaña vai destinada ao comercio local en xeral con venda de produtos a pé de rúa, apostando non só polos sectores directamente vencellados coa volta o cole.

ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS
4 ESTACIONES
A BALEA DAS CORES
A GRANXA 1983
A LABRANZA
A MODA DABAIXO
ÁBACO
ABIGU COMPLEMENTOS
ACUARIO
AGARIMO
AGASALLO
AGRICOLA EL HÓRREO
AGRÍCOLA ROBERTO
ALBA SÓLO MÚSICA
ALGODÓN AZUL
ALMA GEMELA
ALMACÉN
ALMACENES CLARITA
AMO GALICIA
ANABETI BENITO CORBAL
ANABETI MARQUESA
ANABETI SAGASTA
ANARA JOYAS
ANMARI
AQUA DANCE
AQUARIUM OLIVA
AQUELARRE
ARMERÍA SANTOS CAO
AROMARA
ARTE DIXITAL
ARTESANÍA LUAR
ATMÓSFERA SPORT
AURI
AVA DECORACIÓN
AZALEA DECORACIÓN
BABUIM
BABY SHOP
BARCIA
BAÚL DE VEVA
BELDEUS
BENDRELL MERCERÍA
BENI FEIJOO
BESS
BICICLETAS FARTO
BOA VIDA
BOUTIQUE NOELS
BOUTIQUE ROCÍO FAZANES
BRETÓN
BY YUBE
CALZADOS EL PRECIO JUSTO
CAMI KAME
CAN DE PALLEIRO
CARLIN PONTEVEDRA CRUZ ROJA
CARLIN PONTEVEDRA PEREGRINA
CARNNABY
CASA BRAVO
CASIÑA DO LOLÓ
CASUAL PEREGRINA
CASUAL SARMIENTO
CELÉBRITIS
CENTRAL ÓPTICA PONTEVEDRA
CENTRO MEDIA
CERERÍA SAN ROMÁN
CESTIGAR
CHAMONIX
CHEMA - BASE
CHEMA SNEAKERS
CHICHA MODA
CHIQUI
CINANIA LIBROS
CLASA
CLICK INFORMÁTICA
COLETT
COMERCIAL LIMERES
COMERCIAL MC
COMERCIO XUSTO
CORDAL CASTELAO
CORDAL CRUZ GALLÁSTEGUI
COSMÉTICOS DE LA ROSA
COUSIÑAS
COUTO DECORACIÓN
CRECIENDO JUNTOS ELVI
CRONOPIOS LIBROS
CUCHILLERÍA GÓMEZ
CURTIDOS QUEIRO
D4 SOFÁS
DÁNDARA
DÁSER FOTOGRAFÍA
DELIRIUS
DEPAPEIS
DEQUIP PONTEVEDRA GUTIÉRREZ MELLADO
DEQUIP PONTEVEDRA OLIVA
DICENFOT
DIMA FERRETERÍA
D-LECTUM
DOCE ÓPTICOS
DOKAR
DON COIRO
DON PELO
DON ZAPATO
DONDE VAYA LOLA
DOÑA CARMEN
DROGUERÍA SAN LUIS
DUNAS
DUOS MODA
DYPS
ECO PONTEVEDRA
ECONATURAL
EIGHT DEGREES
EL PATIO DE ATRÁS
EL PUEBLO LIBRERÍA
EL PUEBLO PAPELERÍA
EL RINCÓN DE LOS PERFUMES
EL RINCÓN DEL REGALO
EL RINCONCITO DE NIEVES
EL TALLER DE JOYERÍA CARUNCHO & KODINA
EL TORNILLO BAZAR
ELECTRICIDAD ÁLVAREZ
ELECTRÓNICA MARTÍNEZ
ELEKTRO BRITANNIA
ÉLITE DOGS
EMEENE
EMILIO IGLESIAS BENITO CORBAL
EMILIO IGLESIAS OLIVA
ENESKA
ENTRE TELAS
ESTILO ARAMAR
FENTOS
FERPAZ ELECTRODOMÉSTICOS
FERRETERÍA Y SUMINISTROS PONTEVEDRA
FLIPS
FLORISTERÍA BAMBÚ
FLORISTERIA FLORINOR
FLORISTERIA FLORVEDRA
FLORISTERÍA INBLOOM
FLORISTERÍA JARDÍN
FLORISTERÍA LA GARDENIA
FLORISTERIA LAS FLORES DE PAPEL
FLORISTERÍA PEREGRINA
FLORISTERÍA RIVEIRO PACHECO
FLORISTERIA TALLO AZUL
FLORISTERÍA XEITOSA
FOLDER PAPELERIA
FOOT ON MARS
FOTO OLIMPIO
FOTO SKYE
GALIBAYTE INFORMÁTICA
GARCÍA BLANCO
GARCÍA QUIOSCO
GBT ZAPATERÍAS
GINA DOMÍNGUEZ
GLU GLU PET
GOCCO
GOLEADA
GRETTA
GUARNICIONERÍA MOURIÑO
GUIMERÁNS TROFEOS
HAPPY SOUVENIRS GENERAL MOLA
HAPPY SOUVENIRS RÚA REAL
HERBAMEIGA
HERBORISTERÍA BARDANA
HERBORISTERÍA HORTUS
HERBORISTERÍA LA HIEDRA
HERBORISTERÍA LA VENTANA NATURAL
HERBORISTERÍA MALVA ROSA
HERBORISTERÍA VIDA SANA
HERMIDA JOYERÍA
HERMIDA TENDENCIAS
HIPERMASCOTA
HÍPICA GOBI
HOPE
INDIGO
INFORTRONIC
INTEGRAL HERBORISTERÍA
ISA BALTASAR
ISABEL MODA NIÑOS
JOMAFER
JORGE VARELA COMPLEMENTOS
JOYAMAR
JOYERÍA CASTRO
JOYERÍA COFAL
JOYERÍA FERSE DANIEL DE LA SOTA
JOYERÍA FERSE OLIVA
JOYERÍA HERMIDA
JOYERÍA IGNACIO REY
JOYERÍA LUCÍA
JOYERÍA MARTÍNEZ VILANOVA
JOYERÍA PALAMIOS
JOYERÍA PILAR ÁLVAREZ
JOYERÍA QUIQUE
JOYERÍA RAISSA
KÁLZATE
KENSINGTTON STREET
KIDS AND HOME
LA HABITACIÓN DE LOS JUGUETES
LA MATTINA
LA TIENDA DE RAQUEL
LA VIEJA LIBRERÍA
LAGASCA
LANAS TERESA TOBÍO
LANDÍN INFORMÁTICA
LAS MERCEDITAS DE IRIA
LAS TAREIXAS
LE PETIT MATT
LENCERÍA BELÉN GARCÍA
LEONIS
LIBERATA
LIBRERÍA NOBEL
LIBRERÍA A ROTONDA
LIBRERÍA ATENAS
LIBRERÍA AVENIDA
LIBRERÍA AVIONES DE PAPEL
LIBRERÍA BAROJA
LIBRERÍA CAO
LIBRERÍA CLIP PONTEVEDRA
LIBRERÍA EL NARANJO
LIBRERÍA ESCOLMA
LIBRERÍA LA NUBE DE PAPEL
LIBRERÍA LA PIPA DE PLATA
LIBRERÍA METÁFORA
LIBRERÍA PAZ
LIBRERÍA SAN YAGO
LIBRERÍA SEIJAS
LIBRERÍA SERVI COPY
LIBRERÍA TINTEIRO
LOLITA MODA
LOS BORDADOS DE ISABEL
LOURDES VEIGA
LUISA TALLAS ESPECIALES
LUNA NUEVA LIBROS
M DE MAMA
M&C MODA Y COMPLEMENTOS
MA PETITE
MACOS
MADECO
MADRE SELVA COSMETICS
MADY NOVIAS
MAFER COCINAS
MAGDALENA SALÁ
MAGE PONTEVEDRA
MAGIC OF LONDON
MANUALIDADES ARTE
MARBLAN UNIFORMES C/ANTÓN FRAGUAS
MARBLAN UNIFORMES C/FAUSTINO SANTALICES
MARDY
MARIBEL GÓMEZ
MARIBEL LOLÓ FLORES
MARILYN
MARILYN SHOP
MARTA BARCALA
MEKADA
MEPIACHE OLIVA
MERCERÍA A PRAZA
MERCERÍA COLÓN
MERCERÍA JOTA AVDA. VIGO
MERCERÍA LA BIENVENIDA
MERCERÍA LEMBRANZAS
MERCERÍA MARÍA ISABEL
MERCERÍA MARINA NAVARRO
MERCERÍA PEPA Y PUNTO
MERCERÍA Y HOGAR FÍOS
MERCHI NIETO
MERIDIAM
MERY
MI MAMI ES LISTA
MILAGROS MOLERO RIESTRA, 4
MILAGROS MOLERO RIESTRA,12
MILAGROS MOLERO SAGASTA, 18
MILAR RADIO PONTEVEDRA
MILER
MIRLO
MISSION-PEREGRINA
MISTER BABY
MODA CENTER
MOISES
MOLINER
MOMA
MONEST
MOTO BIKE
MR.BAMBÚ
MUEBLES GARRIDO
MUEBLES GONZAMAR
MUEBLES MÍGUEZ
MUEBLES SAMUEL VARELA
MUNDO VERDE
MUSICAL PONTEVEDRA
MY VINTAGE CLOTHES
NAHUATL
NAKASA INTERIORISMO
NALATCHA
NATURCAMIÑO
NATY BENITO CORBAL
NATY CASTELAO
NIKIS PONTEVEDRA
NOVALUZ
NOVO RUMBO
O ZAPATEIRO DO LÉREZ
OLBE CORTINAS
OLBE HOGAR
OLIVA DESIGN
OLIVA OURO
ONDAS BENITO CORBAL
ONDAS MICHELENA
ÓPTICA GÓMEZ LOR
ÓPTICA LA FUENTE
ÓPTICA MARTÍNEZ
ÓPTICA MIRA MARUXA
ÓPTICA OLLADAS
ÓPTICA VILAS
OTERO BIKES
OUTLET SHOES
PAHU MOBILIARIO
PAPELERÍA A3
PARALEL STORE
PASARELA PEREGRINA
PATTUKA NOVIAS
PEDESTAL
PEIXE DE PLATA
PELOUROS
PERFUMERÍA BESADA
PERFUMERÍA FEGUS
PILAR GONZÁLEZ LENCERÍA
PILAR HERMIDA BISUTERÍA
PILIÑA VIVANCOS
PLAYGROUND STORE
POCHIS
POMBALIA
PONTETELA
POT
QKA
QUIOSCO GARCIA
QUOMO OLIVA
QUOMO SAGASTA
RECAT
RECIGAL
RECREATE STORE
REI ZENTOLO
RELOJERÍA ALONSO
RELOJERÍA J.LAGO
RELOXERÍA FRAGA
RESTOS DE STOCK CASTELAO
RESTOS DE STOCK EDUARDO PONDAL
RICAR
ROMA
ROSA FERREIRA MERCERÍA LENCERÍA
SALDAÑA MERCERÍA
SÁNCHEZ HOGAR
SAPONINA
SENSO EMOCIONES Y MUEBLES
SEVEN BENITO CORBAL
SEVEN CRUZ GALLÁSTEGUI
SIA
SILUETA TALLAS DIFERENTES
SILVA DECORACIÓN
SIRO´S
SOCCER FACTORY
SOFÁ SIN FIN
SONITEL GALICIA
SUBE AMINUBE
SUNSET
SUPERMENTA
TACONÉ
TEGAL
TEJIDOS RISCO
TEMPUS
TENDENCIAS FLORISTAS
TITANIUM
TITO DE LA PEÑA-CASTELAO
TITO DE LA PEÑA-OLIVA
TOBICO OUTLET
TOBICO ZAPATERÍA
TOLF
TON SAC
TORRADO
TRES NOTAS
TRES RÍAS SASTRERÍA
TRÉVEDE
TRÚLOCK
URBE ELECTRODOMÉSTICOS
VESTITI
VIKOCA
VINTAGE VILLAGE
WANDERLUST
XTREMBIKE
YOURWAY STORE
ZAPA
ZAPATERÍA BROSS
ZAPATERÍA JOAQUÍN
ZAPATILLAS ARAL
ZAPATILLAS NUDOS
ZAPATILLERÍA ELVI
ZAPATILLERÍA MORA
ZAPAVEDRA