O lendario Carballo de Santa Margarida, candidato a Árbore Europea do Ano 2023

233
  • O concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, anima a toda a cidadanía a apoiar esta candidatura e a votar de xeito masivo entre o 10 de novembro e o 10 de decembro a través do enlace https://www.xn--arbolybosquedelao-uxb.es/

O lendario Carballo de Santa Margarida medirase con outras sete árbores do Estado para representar a España na elección da Árbore Europea do Ano 2023 – Tree of the Year 2023. As votacións ábrense este xoves, 10 de novembro, para pechárense o 10 de decembro.

A presentación desta candidatura foi posible grazas á AC do Sentir do Carballo de Santa Margarida, tras dous anos de traballo, e forma parte dun conxunto de accións encamiñadas a visibilizar e poñer en valor o histórico carballo, como un dos exemplares icónicos do patrimonio natural de Pontevedra e Galicia.

Así, a árbore leva sendo o elemento central dun proxecto participativo, sostible e circular denominado Escrita con Zume, en colaboración co IES Luís Seoane,  da súa contorna, sendo o eixo fundamental desta acción colectiva a implicación dos mozos e mozas -e das súas familias- no coidado e respecto do patrimonio que lle é máis próximo, mediante un conxunto de actividades dentro e fóra das aulas ou coas disciplinas máis variadas: dramatizacións, música, plástica, ciencia e experimentación, artesanía, novas tecnoloxías, historia, literatura e caligrafía.

Xa Frei Martín Sarmiento se referiu a el como “Santa Margarida, do Monteporreiro, que ten o carballo maiore do Reino”; e hoxe en día é o ser vivo máis vello da cidade. Constitúe un símbolo por si mesmo, foi e é fonte de inspiración de artistas, ademais de protagonizarse baixo a súa sombra innumerables acontecementos históricos. Por outra banda, constitúese como testemuña de vida de xeracións e xeracións das xentes de Pontevedra e de Galicia, presente en moitos momentos das nosas vidas e nas lembranzas de avós e netos.

Por todo o anterior, solicitamos a toda a provincia que se una a esta marabillosa aventura votando polo carballo de Santa Margarida a partir deste xoves en:  https://www.xn--arbolybosquedelao-uxb.es/O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, amosou a súa “absoluta satisfacción tras coñecer que o centenario carballo, símbolo, patrimonio e orgullo de Santa Margarida e de Pontevedra, foi elixido para competir con outras sete árbores para representar a España no certame Árbore Europea do Ano 2023”. “A pesar dos ‘achaques’ da idade e das recentes podas de emerxencia que se lle fixeron para aliviar os problemas de sobrepeso nas súas pólas, a súa beleza e incalculable valor material e inmaterial convérteno nun exemplar absolutamente merecedor deste galardón. Para conseguilo, é necesario que, ao igual que o Concello de Pontevedra, toda a cidadanía apoie esta candidatura e entre a votar de xeito masivo”, sinalou Puentes

Para máis información:

www.carballodesantamargarida.org

info@carballodesantamargarida.org

ies.luis.seoane@edu.xunta.gal