Pontevedra viaxa a Abu Dhabi para recoller a bandeira da final da series mundiais de Tríatlon

39

A delegación da cidade, encabezada polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores viaxará do 22 ao 28 de novembro para participar de diversos actos institucionais e como observadores das probas que se celebrarán ao longo de tres días

A Final das Series Mundiais de Tríatlon xa están en marcha na cidade, con reservas e transfers en hoteis para esas datas e a confirmación de Inditex como patrocinador principal do evento a través da súa firma de roupa deportiva masculina Athleticz. 

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores viaxará o vindeiro martes, 22 de novembro a Abu Dhabi para participar nos actos oficiais vinculados á final da series mundiais de Tríatlon que se celebrarán no país árabe. Estará ao fronte dunha delegación na que tamén estará o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez Díaz, un técnico do servizo municipal de deportes, un responsable de comunicación do Concello e unha traductora que tamén fará labores de información ao respecto da proba de Pontevedra.

A presenza de Pontevedra nestas probas permitirá recoller a bandeira do campionato que se celebrará na cidade do Lérez en setembro de 2023, e que prevé que cheguen á cidade arredor de 4.000 atletas e entre 10.000 e 12.000 visitantes de países de todo o mundo.

En Abu Dhabi, a delegación de Pontevedra participará nunha cea oficial que ofrece o Comité organizador da proba o mércores, 23 de novembro, e observarán as probas deportivas durante os días 24, 25 e 26 e aproveitarán para informar aos atletas participantes sobre a Final de Pontevedra do vindeiro ano.

“Hai que promocionar o máximo posible a Final xa que vai a ser o máis potente de Galicia e do Estado en 2023” explicou ou alcalde, quen engadiu que “temos capacidade de organización demostrada cuestión que quero agradecer ao servizo de Deportes do Concello, máximo responsable de que o evento saia ben. Cando presentamos a candidatura ben sexa pola cidade ben pola experiencia doutros eventos, a candidatura foi aprobada por unanimidade. Todos queren vir a Pontevedra”.

O mesmo día 26 clausúrase a competición nun acto no que Pontevedra recollerá a bandeira da proba do ano 2023. O día 27 está previsto que a delegación da cidade do Lérez participe no Congreso internacional organizado pola Federación mundial en Abu Dhabi e no que a delegación de Pontevedra ofrecerá unha comida oficial, exporá o seu proxecto para 2023 e proxectará un vídeo da cidade. O regreso está previsto para a madrugada do día 28.

O alcalde destacou a importancia do ano 2023 para disputar esta proba en Pontevedra xa que se trata dun ano preolímpico no que os/as atletas de elite “queren sacar boas marcas para facer puntos para representar aos seus países nas olimpiadas de 2024”.

Tamén adianto que a Final de 2023 xa está en marcha na cidade. De feito, a Federación internacional está en contacto cos hoteis para facer reservas e transfers para aquelas datas. Tamén se dispón do patricionador principal da proba que será Inditex a través da marca de roupa deportiva masculina Athleticz. Mentres, continúase na busca doutros patrocinios xa que o investimento da Final xunto á Copa do Mundo celebrada este verán achégase aos 3 millóns de euros.