O alcalde presenta no World Triathlon Congress 2022 a Pontevedra que atoparán deportistas e técnicos o vindeiro setembro

29
O congreso, de carácter anual, reúne a todas as federacións nacionais de triatlón para discernir, debater e facer balance de todo o realizado
O ano que vén tamén será celebrado na Boa Vila, una xuntanza na que se vén representados máis de 140 países 

A comitiva pontevedresa formada polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, participou esta mañá no último acto programado dentro da axenda institucional de promoción e organización da Gran Final das Series Mundiais Pontevedra 2023, falando dentro do World Triathlon Congress 2022.

O rexedor da idade, introducido pola presidenta da World Triathlon e membro do Comité Olímpico Internacional, Marisol Casado, e o presidente da FETRI, José Hidalgo, puido falar brevemente de Pontevedra, indicar a experiencia obtida ao longo de todos estes anos e describir a vida na mesma: o seu modelo urbano, a xenerosidade da veciñanza, a contorna verde que é toda a comarca, a súa gastronomía, a mestura do ocio coa cultura… Virtudes que fan da Boa Vila un lugar idílico para a celebración da Gran Final das Series Mundiais, a proba de triatlón que lle faltaba por acoller.

O salón do Rotana Hotel de Abu Dhabi aplaudiu a intervención do alcalde e valorou moi positivamente a presentación realizada, na que tamén foi proxectado un vídeo promocional con imaxes da contorna pontevedresa, da súa xente e do ITU Multisport de 2019.

 Preto de 140 países de todo o mundo estaban representados neste congreso que se repetirá o ano que vén en Pontevedra —previsiblemente cun número mesmo maior—.

IMG 4938
Asistentes ao World Triathlon Congress ollando material promocional de Pontevedra.