Catro ‘playlists’ para coñecer a historia das mulleres de Pontevedra namentres camiñamos polas rúas e prazas da cidade 

46
A concellaría de Memoria histórica promociona os podcasts creados dentro do programa
‘A memoria das mulleres’ para seguir afondando na visibilización do pasado e presente feminino 

A web https://www.dogrisaovioleta.gal/, alberga entre os seus contidos catro roteiros urbanos, centrados na historia e na memoria das mulleres de Pontevedra. Estes paseos veñen de ser actualizados, con novos mapas e versión de texto e audio, facilitando así o acceso a todo tipo de públicos. Ademais, estes audios tamén se atopan dispoñibles en versión podcast a través das plataformas iVoox e Soundcloud.

O departamento que dirixe o concelleiro Xaquín Moreda propón outro xeito de coñecer a cidade ao tempo que se camiña por ela. Se ben os roteiros contan con información escrita, e tamén existe un mapa físico que axuda a saber onde están os principais puntos de interese en relación co programa da Memoria das Mulleres, tamén é posíbel facer uso destes audios para vivir outra experiencia máis cómoda ou particular, ao tempo que aumenta a accesibilidade.

Os catro roteiros son os seguintes:

Desde a concellería de Memoria histórica lembran que este formato audio tamén pode ser útil para ser engadido ou utilizado nos centros educativos da cidade, como ferramenta de divulgación entre a rapazada para unha dinamización das clases, entrando dentro das progamacións didácticas. É posíbel consultar toda a información completa de cada roteiro nesta mesma ligazón.

Nado no ano 2013, da man do Concello de Pontevedra, o proxecto A memoria das mulleresten como finalidade construír, de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental, gráfico e audiovisual da historia das mulleres en Pontevedra.