O novo parque da Parda será a zona verde urbana máis grande da cidade de Pontevedra 

187
O proxecto, que se relaciona de xeito directo coa construción do novo complexo deportivo da zona, prevé a unión deste lugar co mesmo parque dos Gafos no futuro, contendo un parque infantil, varios miradoiros e amplas zonas de esparexemento e descanso 

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, compareceu esta mañá en rolda de prensa para ofrecer máis información ao redor do proxecto de urbanización e creación dun novo parque urbano na cidade de Pontevedra, na zona este da mesma, na Parda. 

Esta futura actuación queda enmarcada e relacionada coa tamén creación futura do complexo deportivo que se fará neste lugar. Porén, o Concello ten xa elaborado «a nivel de plano de execución» deste novo parque nunha zona «de crecemento, e que significará, na práctica, a creación dunha nova zona verde que triplicará á de Santa Clara», unha das adquisicións máis importantes realizadas polo Concelo de Pontevedra nestes últimos tempos.

«Esta zona verde permitirá conectar toda a zona da Parda, a través de Entrevías e de Otero Pedrayo co Parque do Gafos dun xeito natural», indicou o rexedor. O proxecto contempla a creación dun parque infantil de natureza con diversos elementos de ocio e xogo (tobogán, tirolina…), xunto coa creación dunha longa zona axardinada que rodeará e mudará a estética de toda a zona.

No propio plano do proxecto é posíbel ver o cauce que quedará logo da recollida dun olleiro de auga que hai na zona, que será reconducido a través de todo o parque até a súa conexión co Gafos. 

O alcalde compara este proxecto coa propia creación da Alameda no século XIX, por mor do seu tamaño e pola mudanza da fisionomaría da cidade que provocará. «Falamos dunha superficie total que pode chegar até os 30.000 metros cadrados de uso público»