A Residencia Artística do Salón do Libro, da man de Galpón Lab, selecciona a Laura Tova e Noemí LLantada para desenvolver o seu proxecto artístico na cidade do 24 ao 30 de abril

19


A inciciativa recibiu máis de 30 candidaturas entre o 16 de marzo e o 7 de abril

O mobiliaro urbano será o soporte empregado para o seu proxecto conxunto

Tamén os días 29 e 30 de abril impartirán xunto a Galpón Lab os obradoiros `Pintamos a cidade’ dentro do Salón do Libro destinados á cativada e con inscrición en info@galponlab.com


A segundo Residencia Artísitca convocada polo Salón do Libro do Concello de Pontevedra da man de Galpón Lab seleccionou a Laura Tova e Noemí Llantada entre máis de 30 candidaturas recibididas. Dende a organización agradecen a elevada participación e apuntan: “todo isto non fai máis que confirmar a boa saúde da arte e a cultura na cidade de Pontevedra”

As artistas Estas artistas gozarán dunha estancia no taller de O Galpón Lab do 24 ao 30 de abril onde desenvolverán un proxecto artístico conxunto utilizando mobiliario urbano como soporte. A este proxecto poderá sumarse puntualmente a cativada que participe, con reserva previa en info@galponlab.com nos obradoiros que o Salón do Libro organiza os días 29 e 30 de abril.

Sobre as artistas

Laura Tova é unha contadora de historias e a súa ferramenta preferida é a ilustración. A través dun estraño equilibrio entre o doce e o salvaxe consegue converter o cotián en onírico. Nas súas ilustracións hai unha posta en valor das cousas comúns, a natureza e a alegría.

Noemí Llantada. Ilustradora que usa o papel, a madeira ou as paredes para expresar a súa obra creando obxectos únicos. As súas ilustracións falan desde o humor das loitas cotiás contra a frustración. Temas como a natureza, a muller e a fortaleza convertidos en iconas para a supervivencia.