Padexeiros e padexeiras de toda a comunidade danse cita o vindeiro 1 de maio nas augas lo Lérez

21

Os eventos, organizados pola Federación de Piragüismo en colaboración coa Concellería de Deportes, congregarán a máis de 300 persoas

O piragüismo volverá ser protagonista da axenda deportiva pontevedresa o vindeiro mes de maio con dúas citas nas augas do Lérez a nivel profesional e provincial. Por un lado, as augas do embalse de Verducido vibrarán o vindeiro luns 1 de maio coa I Regata Pista Eurorrexión Galicia-Norte Portugal. O evento, organizado pola Federacion Galega de Piragüismo en colaboración coa Concellería de Deportes, desenvolverase en distancias desprint de 500 metros (feminino) e 1.000 metros (masculino), nas categorías sénior, xuvenil e cadete, e nas disciplinas de K1 e C1 a partir das 10.00horas no Complexo Deportivo David Cal. Participarán 20 equipos entre os que están o Club Piraguismo Verducido-Pontillon e o Club Naval de Pontevedra.

Doutra banda, a I Regata Liga Provincial de Pontevedra Depoescolas 2023 reunirá en Ponte Sampaio, tamén a partir das 10.00horas do luns, e máis de 300 participantes nas categorías de prebenxamines, benxamines, e alevines -tanto feminino como masculino- pertencentes a 22 clubs de diferentes puntos da comunidade entre os que se atopan a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, o Club Piragüismo Verducido, o Club Naval de Pontevedra e o Club Río Verdugo.

Deporeg page 0001

Estos eventos deportivos reforzan a posición de Galicia como potencia internacional do deporte náutico en xeral e do piragüismo en particular e se erixen como un modo de preparar aos padexeiros e padexeiras de cara aos Xogos Olímpicos do vindeiro ano 2024, e constitúen un eixo importante para o fomento e divulgación do piragüismo na Península Ibérica.