O alcalde convoca aos bares e restaurantes de comidas para informarlles sobre a Gran final das series mundiais de tríatlon 

26

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Deportes e tenente de Alcalde, Tino Fernández convocaron, mañá pola mañá, aos responsables dos restaurantes de comidas e bares da cidade para informarlles sobre a próxima celebración da Gran final das series mundiais de tríatlon.

A convocatoria pretende informarlles sobre os días en que se desenvolverá a proba, a cantidade de visitantes que recibirá a cidade e tratar de facelos partícipes da organización na medida en que son vitais no día a día dos deportistas.

O alcalde tamén quere coñecer os seus puntos de vista para poder mellorar en todo o que se poida o servizo que se lle prestará ás miles de persoas que se achegarán a Pontevedra entre o 21 e o 24 de setembro.

A reunión está convocada no segundo andar de Michelena, 30 a partir das 12 da mañá.