Comeza a substitución de máis de 1.600 luminarias do alumeado público de 77 rúas, parques e prazas da zona sur da cidade 

29

O punto de inicio foi a rúa María Victoria Moreno e continuará polo resto da zona sur durante 3 meses. O proxecto suporá un aforro no consumo de 729.953 kWh/ano e unha reducción de 380,31 tCO2/ano a emisión de CO2.

O Concello fai un investimento de 1,5 millóns de euros nesta primeira fase de substitución por led de toda a iluminación pública da cidade. 

O Concello de Pontevedra empezou esta semana polo barrio de Campolongo (ámbito de María Victoria Moreno) a renovación de toda a iluminación pública da zona sur da cidade. Trátase de substituír as actuais luminarias equipadas con lámpadas de descarga de vapor de sodio de alta presión ou de haloxenuros metálicos por tecnoloxía led. Durante tres meses a empresa adxudicataria do contrato, Setga, retirará 1.607 luminarias de 77 rúas, prazas e zonas verdes desta zona da cidade por nova tecnoloxía que permitirá un aforro de 729.953 kWh/ano, reducir en 380,31 tCO2/ano a emisión de CO2 ao ano, e mellorar a iluminación dos espazos públicos e reducir a luz intrusa nas vivendas.

A empresa Setga comezou o pasado martes a substituír as luminarias do barrio de Campolongo. Empezou pola rúa María Victoria Moreno e os xardíns María Viñals para continuar ao longo de tres meses até completar 77 rúas da cidade que comprenden o ámbito incluído entre a avenida das Corvaceiras seguindo pola rúa da Barca, Martitegui, Raiña Victoria, Praza de Galicia, Gorgullón, avenida de Vigo e as súas perpendiculares, María Victoria Moreno e o ámbito da Xunta, Manuel del Palacio, Avenida de Marín e os barrio das Moureiras.

O proxecto inclúe o reforzo da iluminación nos pasos de peóns, unha mellor iluminación nas glorietas e nos ámbitos peonís.

Nestes traballos substituíranse 1.607 luminarias e 32 cadros de mando e protección, retirando o actual sistema de acendido de fotocélula ou reloxo astronómico por equipo de telexestión. Ademais, está previsto a substitución de parte do cabo, tomas de terra e brazos e columnas danadas das luminarias. 

Tamén está incluída a limpeza, saneado e pintado de columnas e báculos existentes, é dicir, a retirada de elementos adheridos, fregado até eliminar a sucidade, pintado dos que o precisen e saneamento dos elementos dos farois (parafusos, ancoraxes, tapas…).

Na actualidade este ámbito da cidade existe un consumo actual de 1.126.643 kWh/ano e coa nova iluminación está previsto que os consumos se reduzan a 396.690 kWh/ano, é dicir, suporá un aforro de 729.953 kWh/ano. Economicamente e segundo os prezos actuais, agárdase que supoña unha redución de 370.000 euros na factura do Concello.

Ademais o investimento permitirá reducir as emisións de CO2 en 380,31 tCO2/ano.

O contrato foi adxudicado á empresa Setga a primeiros deste mes de maio por un orzamento de 1.557.828,75 euros. A empresa ofertou reducir o prazo de execución do proxecto nun mes ademais de ampliar o tempo de mantemento das instalacións en 4 anos, ademais dos 4 anos de garantía legal da propia instalación.

Este contrato está financiado a través dun convenio coa Deputación provincial.

Substitución a led en todo o termo municipal

O Concello de Pontevedra iniciou hai oito anos un ambicioso proxecto de substitución do alumeado público do termo municipal por tecnoloxía led. Adaptado a este sistema xa están ás estradas principais de entrada á cidade, o barrio de Monte Porreiro, a avenida de Marín e a PO-11, o polígono do Campiño, varias vías de conexión con outros municipios como a PO-223, as parroquias de Canicouva, Ponte Sampaio, Bora, Lourizán, Santa María e Santo André de Xeve, Verducido, Marcón, Mourente, Campañó, Cerponzóns e Alba.

En todos estes contratos que superan o investimento de 8 millóns de euros, substituíronse máis de 11.400 luminarias, ás que hai que engadir ás 1.607 do ámbito urbano e o proxecto de intervención na parroquia de Lérez e en todo o barrio de Burgo que está en fase de redacción. A continuación, o Goberno intervirá no resto da cidade e nas parroquias de Salcedo e Tomeza, que son as que están pendentes para completar todo o rural.

Rúas nas que se cambiarán as luminarias

  1. Praza de Concepción Arenal
  2. Rúa da Barca
  3. Alfonso XIII
  4. Rontonda ponte da Barca
  5. Praza do Campo da Torre
  6. Victor Said Armesto
  7. Celestino Poza Pastrana
  8. Pedro Mariño de Lobeira
  9. Irmáns Nodais
  10. San Roque
  11. Palamios
  12. Avenida das Corvaceiras
  13. Xeneral Martitegui
  14. Rosalía de Castro
  15. Gagos de Mendoza
  16. Ramón Peña
  17. Sebastián González García Paz
  18. Xeneral Rubín
  19. María Victoria Moreno
  20. Arcebispo Lago
  21. Arcebispo Xelmírez
  22. Manuel Cuña Novás
  23. Manuel del Palacio
  24. Eduardo Blanco Amor
  25. Carqueixa
  26. Rúa Campolongo
  27. Alameda
  28. Paseo Colón
  29. Monteleón
  30. Rúa da Palla
  31. Raíña Victoria
  32. Rúa nova de abaixo
  33. Paseo de Cervantes
  34. Pastor Díaz
  35. Riestra
  36. Praza de San Xosé
  37. Arquitecto de la Sota
  38. Tablada
  39. Praza do Gremio dos Mareantes
  40. Avenida de Marín (até Manuel del Palacio)
  41. Andrés Mellado
  42. Augusto García Sánchez
  43. Augusto González Besada
  44. Alcalde Hevia
  45. Rúa do Forno
  46. Paseo de Valle Inclán
  47. Praza da Constitución
  48. Rúa das Abilleiras
  49. Paseo dos Gafos
  50. Fernando III
  51. Fernando II
  52. Pintor Rafael Alonso
  53. Alfonso IX
  54. Alfonso X
  55. Luís Braille
  56. Avenida de Vigo
  57. San Pedro Alcántara
  58. Mariscal Pardo de Cela
  59. Praza da Liberdade
  60. Praza de Galicia
  61. Iglesias Vilarelle
  62. Parque do cogomelo
  63. Xardíns María Viñals
  64. Praza de Ponte Bolera
  65. Pedro Sarmiento de Gamboa
  66. Praz e rúa da Curtidoira
  67. Rúa do Muíño
  68. Rúa da Moa
  69. Rúa da Auga
  70. Rúa da Estación
  71. Herminia Fariña Cobián
  72. Manuel Colmeiro
  73. Bibiano Fernández Osorio Tafall
  74. Pintor Virxilio Blanco
  75. Urbano Lugrís
  76. Luís Seoane
  77. Paseo peonil Josefina Arruti