O Open Cidade do Lérez de Taekwondo 2023 reunirá a máis de 500 persoas ao longo dunha xornada emocionante 

55
O edil de Deportes, Tino Fernández, sinalou que é un evento que conta cunha altísima participación, con deportistas chegados desde Asturias, Palencia ou Portugal
O Pavillón Príncipe Felipe funcionará como sede desta cita, tendo unha entrada de balde ao longo de toda a xornada do 3 de xuño, entre as 9 e as 21 horas 

O concelleiro de Deportes, Tino Fernández, presentou esta mañá unha nova edición do Open de Taekwondo Cidade do Lérez, cita que se desenvolverá o sábado 3 de Xuño, no Pavillón Príncipe Felipe, ao longo da nomeada xornada.

O Open Cidade do Lérez é un campionato de taekwondo que se realiza desde o ano 2021 co apoio da Federación Galega e o Concello de Pontevedra, sendo esta unha proba puntuábel nas categorías cadete, sénior co fin de formar parte das seleccións autonómicas, o que dá ao evento un carácter de ser semioficial da FGT, polo que se inclúe no calendario oficial desta federación.

Entre deportistas, técnicos, equipo arbitral e voluntarios o evento contará con máis de medio milleiro de persoas, das cales 404 serán deportistas de 34 clubs chegados de distintos puntos do país e mesmo de Portugal, Asturias ou Palencia A entrada será de balde.

«Esta é unha cita que tiña como obxectivo no seu nacemento de ser un escaparate de participación para categorías que non sempre contan coa maior visibiliidade. Resultou un éxito», sinalou Fernández. «É un Open que conta cunha participación extraordinaria xa que conta cun prestixio moi goloso para todos os clubs da zona e mesmo de fóra. Estou emocionado e satisfeito xa que naceu durante este mandato e demostrou a vitalidade coa que conta o deporte en Pontevedra. O taekwondo é unha referencia en Pontevedra, unha disciplina que nos representa polo mundo adiante».