O Concello inicia os traballos de mantemento dos centros de ensino de infantil e primaria coa limpeza da cuberta do Froebel 

18

Limpouse o tellado, os caleiros, as baixantes, e subtituíronse tellas que estaban rotas. O mantemento comezou o luns e xa estaba concluso este venres, e supón o inicio da rolda de melloras que o departamento de Educación do Concello realiza nos colexios nos meses de verán. 

A Concellaría de Educación que xestiona Demetrio Gómez iniciou esta semana os primeiros traballos de mantemento dos centros de ensino de infantil e primaria do concello. Son pequenas obras que permiten a durabilidade dos edificios e das súas instalacións, e melloran as condicións de habilitabilidade. Sóense facer durante os meses de verán aproveitando o fin da época escolar e que os rapaces e rapazas xa non están nas aulas.

Demetrio Gómez, concelleiro de Educación.

A primeira das actuacións foi a da cuberta do Centro de infantil e primaria Froebel, onde o Concello de Pontevedra realizou traballos de mantemento que consistiron na retirada das tellas rotas e substitución por outras novas, colocación doutras que estaban movidas debido ás inclemencias do inverno, a limpeza de musgos e herbas de toda a cuberta e tamén dos caleiros e baixantes do tellado.

Este mantemento comezou o luns e rematou o venres, e tivo un custe aproximado de 42.000 euros. Nas vindeiras semanas o mantemento continuará por outros centros de ensino co propósito de que estas obras estean rematadas no inicio do curso escolar no mes de setembro.