O prezo de licitación para realizar a obra supera os 800.000 euros e sitúa en máis de 15 millóns os investimentos realizados polo Concello para que o novo edificio hospitalario sexa unha realidade.
A Mesa de contratación urxiu o procedemento seguindo as instrucións do alcalde.
O elevado número de ofertas apunta a unha recuperación do sector e á solvencias das arcas municipais.
O Concello de Pontevedra continúa co investimento millonario para dotar de infraestruturas e servizos ao novo Hospital Montecelo. Nesta ocasión trátase da rede de evacuación de augas residuais e pluviais do novo edificio, un proxecto elaborado e financiado integramente por Pontevedra e que conta cun orzamento de licitación de 801.646,03 euros.
Este novo investimento foi anunciado e urxido polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores na súa comparecencia do pasado 7 de xullo na que aseguraba que era necesario ampliar a rede ante o volume de edificación proxectada, e a ser posible realizalo antes da chegada do inverno “para evitar pequenas inundacións”.
Con estes 800.000 euros o Concello xa supera os 15,6 millóns de euros investidos para que o novo Montecelo sexa unha realidade.
Ante a decisión do alcalde, a Mesa de contratación do Concello acelerou os trámites e este pasado venres xa abría as ofertas económicas das 21 empresas que se presentaron a esta licitación pública. Co número de propostas presentadas cabe resaltar, que despois da Covid e a pesar da inestabilidade económica mundial, as contratacións públicas do Concello de Pontevedra volven a suscitar o interese do sector da construción o que apunta á recuperación do sector e a solvencia das finanzas municipais.
As ofertas que se presentaron foron as seguintes:
Empresa | Oferta económica |
Construcciones Vale | 616.786,45 |
Excavaciones y Construcciones Laureano Covelo | 761.551,48 |
Excavaciones Y Transportes Ivanca | 725.050,54 |
Vilariño Esp S.L.U. | 589.971,34 |
Viaqua Gestión Integral De Aguas De Galicia | 693.022,99 |
Espina Obras Hidráulicas | 647.810,15 |
NAROM, S.L. | 692.301,51 |
Oresa Construcción Y Servicios Globales | 570.771,97 |
Movimiento De Aridos Y Construcciones De Arosa | 676.990,08 |
Misturas S.A. | 639.793,55 |
Avan Integral S.L. | 653.181,18 |
Civis Global S.L. | 623.600,45 |
Construcciones González Y González | 775.005,00 |
Hordescon | 768.057,06 |
Construcciones Obras Y Viales (Covsa) | 657.349,74 |
Cotoverde Obras Y Servicios | 745.360,00 |
Espina Y Delfin | 603.639,46 |
PRACE, Servicios y Obras | 700.478,30 |
NOVAVIAL, Manuel Novoa Castro S.L. | 694.866,78 |
Proyecon Galicia | 636.320,85 |
Construcciones E.C.Casas | 723.084,72 |
A Mesa solicitou máis información a cinco empresas pola posibilidade de incurrir nunha baixa.
O proxecto
O proxecto da rede de evacuación das augas residuais e pluviais do novo hospital Montecelo busca conectar as residuais do edificio á rede de saneamento do concello de Pontevedra; e ao respecto das pluviais darlle saída cara o río do Marco. As intervencións faranse nos lugares de Pardeso en Mourente, e da Barcia en Marcón.
As augas residuais canalizaranse cunha tubaxe de PVC de 630 mm ao longo de 90 metros para conectarse á altura do centro príncipe Felipe, e as augas pluviais recóllese cunha canalización de 800 mm para a canle fluviail mencionada.
Comprimiso de Pontevedra con Montecelo
Este proxecto de 800.000 euros forma parte do compromiso adquirido polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores alá polo ano 2016 para que o novo hospital Montecelo fose unha realidade. Dende aquela foron moitos os investimentos e as achegas económicas que o Concello de Pontevedra ten realizado en beneficio dos pontevedreses e de toda a área sanitaria norte.
No ano 2026, o Convenio asinado entre Miguel Anxo Fernández Lores e Núñez Feijóo, daquela presidente da Xunta de Galicia, contemplaba a achega de 4 millóns de euros para expropiacións e urbanizacións dos terreos lindeiros do novo hospital. Este pago está satisfeito na súa totalidade dende abril de 2022.
Tamén se exoneraba do pago das taxas da licenza e ICIO ao ser un proxecto de interese supramunicipal, o que suporía máis de 5,1 millóns de euros.
Ao tempo, o Concello de Pontevedra tamén creou unha rede de abastecemento de auga potábel para o novo hospital cun investimento de 4.614.231,28 euros
E ten en marcha a construción do novo vial de acceso por 1.169.479 euros.
Proxectos Montecelo | Investimentos |
Achegas do convenio | 4.000.000 |
Licenza e ICIO | 5.110.000 |
Abastecemento | 4.614.231 |
Novo viario perimetral | 1.169.479 |
Rede saneamento e pluviais | 801.646 |
Total | 15.695.359 |