Logo do seu éxito, a Troca de Libros regresa ao  Salón do Libro, o domingo 10 de marzo de 11 a 14h. no Recinto Feiral

564


A iniciativa busca amais de promover a lectura, a reutilización do material e tamén o aforro para as familias

Na anterior edición, máis de 5.000 exemplares tiveron unha nova vida grazas ao intercambio

As persoas interesadas poden trocar os libros – en bo estado – por vales en calquera dos centros participantes. O día do evento, poderán mudar de novo eses bonos polos títulos que escollan.

Repetirase tamén o formato de troca express, xestionada polo propio Salón, na que será posible intercambiar directamente libro por libro e non ser limitará únicamente á xornada do día 10


O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez presentou esta mañá, acompañado do promotor e organizador da iniciativa, David Castro, o cartaz dunha nova edición da Troca de Libros. O evento, xa consolidado e con gran acollida, terá lugar entre as 11 e as 14h do domingo 10 de marzo dentro da programación do Salón do Libro.

Antes de dar paso a Castro, para debullar a iniciativa, Demetrio salientou que “en Pontevedra temos un ecosistema literario, da literatura infantil e xuvenil que realmente é moi potente. Temos un sistema de librarías por enriba da media galega, autores xa non representativos senón autoras de primeira liña mundial como pode ser Fina Casalderrey, editoriais como Kalandraka, un Salón do Libro que é o máis lonxevo que hai actualmente no estado, e temos tamén unha comunidade lectora e unha comunidade educativa que toma a iniciativa nestes asuntos e fai que sexamos tamén unha punta de lanza. A forza realmente de Pontevedra na literatura infantil e xuvenil, no ecosistema literario en xeral, está en actuarmos conxuntamente. En traballarmos todas e todos xuntos para que a literatura chegue a cantar máis persoas posible. Nese sentido a troca de libros e unha actividade excelente, exemplar, que nace na comunidade educativa do IES Torrente Ballester e que vai medrando ata ter que saír del. Nese sentido nos estamos encantadas de volver acoller esta actividade dentro do Salón do Libro o próximo día 10 de marzo. Na actualidade participan 15 centros con equipas directivas, profesorado, ANPAS, etc. e con alguénque se pon á fronte desta iniciativa marabillosa. Deixovos con David que é quen puxo en marcha a iniciativa.

Pola súa parte David Castro apuntou que “la iniciativa tiene la misma finalidad que tiene el Salón del Libro: promover la lectura. Pero no solo esto sino concienciar a las comunidades educativas de los centros de Pontevedra sobre la reutilización de los materiales educativos, concretamente de los libros de lectura. Todos tenemos en nuestras casas libros que, por un motivo u otro, no los vamos a volver a leer. Queremos que ese libro pueda tener una 2ª, 3ª o 4ª vida y esa es la segunda finalidad. Conseguir que se reutilicen los libros y, porque no decirlo también, ayudar a las familias desde el punto de vista económico. La compra de material, libros de texto, los libros de lectura suman un gasto que si podemos paliar, sería estupendo.

 En esta edición contamos con 15 centros tanto de primaria, secundaria, centros de carácter público pero también concertados, repite también la Escuela Oficial de Idiomas y el objetivo es cada año implicar al mayor número posible de centros del concello. La oferta es mayor y por tanto hay más posibilidades de encontrar los libros que vas buscando. Es una iniciativa que ha calado en los centros y también en las ANPAS, ya que en algunos centros asume el profesorado esta labor pero en otros son las ANPAS las que gestionan la recogida de los libros y están allí el propio día en los puestos para hacer el intercambio. Es ya un éxito antes de haberlo celebrado: tenemos continuidad, tenemos más centros que nunca y esperamos que más libros que nunca. No hacemos un recuento como tal pero estamos seguros de que el año pasado se intercambiaron bastante más de 5.000 libros”

O sistema para participar é achegar a calquera dos centros participantes, libros de literatura infantil e xuvenil en estado aceptable para ser empregados por outras persoas. A cambio, recibirán uns vales que poderán empregar o día 10 para canxear por outros libros.

Tamén haberá – xestionada pola equipa do Salón –  formato de troca express, á marxe  dos entregados polos centros educativos. Será intercambio directo de libro por libro, e non se vai limitar ao día 10 senón que vai estar operativo ata que remate o Salón”

Listado centros participantes na Troca de Libros

Cartaz troca