A Boa Vila celebrará o vindeiro domingo o Gran Premio de Pontevedra de ciclismo feminino 

66
A proba ciclista forma parte da Copa de España e contará con participantes de máis de 40 equipos estatais que achegarán preto de 400 participantes

Pontevedra vivirá o vindeiro 24 de marzo unha cita ineludíbel co ciclismo. O Gran Premio Cidade de Pontevedra será celebrado por todo o alto, ofrecendo quilómetros de alta competición a través Dunha proba que forma parte do calendario da Copa de España feminina e que implica a distintas  cidades do territorio estatal.

A Copa de España de carretera conta coa participación de máis de 40 equipos chegados de todo o territorio español, destacando diversos equipos de alto nivel, mais tamén representantes pontevedreses, como é o caso do Farto. 

A proba ciclista contará ademais con diversas actividades paralelas durante a súa celebración e que deixarán pegada na cidade do Lérez:

  • Obradoiros relacionados comundo da bicicleta, iniciación á práctica deportiva do ciclismo, obradoiro de reparación de pinchazos…
  • Exposición de bicicletas de diferentes marcas.
  • Charlas e conferencias
  • Xincana ciclista con conos para as crianzas no centro da cidade
  • Promoción do menú “bike” entre a hostalaría da zona para os participantes e seareiros do ciclismo

O programa completo pode ser consultado a través da páxina web oficial do evento. 

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, participou na presentación da proba realizada esta mañá de martes, 19 de marzo, na Praza do Concello, lembrando que o apoio institucional ao deporte femenino é unha obriga absoluta, máis aínda que se percibe o éxito que teñen este tipo de probas e de como esta disciplina deportiva continúa a gañar adeptas. 

Doutra banda, o rexedor puxo en valor o auxe que vive o ciclismo na cidade de Pontevedra, e na inxente cantidade de probas que se foron realizando (e que se realizarán) nos últimos tempos, indicando o bo estado de saúde deste deporte e a capacidade da Boa Vila para atraer e fidelizar a todos os participantes destas probas.