Aberta a inscrición no tradicional concurso dos maios

221

O Concello de Pontevedra abriu onte o prazo de inscrición do tradicional concurso dos maios que se celebrará o vindeiro 1 de maio na praza da Ferraría, a partir das 11.00 horas. O certame comezará coa Benvida ao maio que este ano farano as poetisas Elvira Jardón e Cynthia Ménéndez.

As persoas ou entidades interesadas poderán inscribirse a través do Rexistro municipal ou da sede electrónica na seguinte ligazón:

https://sede.pontevedra.gal/public/catalog-detail/208

A Concellaría de Cultura que dirixe Demetrio Gómez fai unha achega de 6.250 euros para os premios do concurso que serán os seguintes: 

  • Premio por participación a cada maio: 150,00 euros
  • Premio especial do xurado: 300 euros.
  • Premios ao maio tradicional
  • Premios ás cantigas
  • Premios á interpretación
  • Premios á coroa

Nestas catro últimas categorías os premios serán

  • 350 euros
  • 300 euros
  • 250 euros
  • 100 euros