Inicio Participa Danos a túa opinión Regulamento do servizo de xestión dos residuos e limpeza do espazo público

Regulamento do servizo de xestión dos residuos e limpeza do espazo público

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE ELABORACIÓN DO REGULAMENTO DO SERVIZO PÚBLICO DE XESTIÓN INTEGRAL DOS RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E LIMPEZA DO ESPAZO PÚBLICO DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Ao abeiro do disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na súa calidade de organización máis representativa potencialmente afectada pola elaboración e futura aprobación do novo “REGULAMENTO DO SERVIZO PÚBLICO DE XESTIÓN INTEGRAL DOS RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E LIMPEZA DO ESPAZO PÚBLICO DO CONCELLO DE PONTEVEDRA”, solicítase a súa opinión, co fin de que, nun prazo que remata o 11 de Xaneiro de 2021 poida presentar, a través da páxina web, o seu parecer e as suxestións que estime procedentes, verbo das seguintes cuestións que se desenvolven no documento de PARTICIPACIÓN previo á elaboración do proxecto de regulamento:

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación
c) Os obxectivos da norma
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Poderá remitir as súas opinións e achegas a través do formulario aparece máis abaixo e durante o expresado prazo, no que calquera persoa poderá achegar a súas opinións na consulta pública que se efectúa.

O Sr. Concelleiro de Goberno responsable da área de economía e facenda
Raimundo González Carballo

FORMULARIO

O TEMPO

Pontevedra, ES
clear sky
18.3 ° C
19.5 °
17.6 °
44 %
1.6kmh
2 %
Mar
21 °
Mér
20 °
Xov
22 °
Ven
27 °
Sáb
28 °