Historia de Lérez

Imaxínoos hai 25 anos... Aquel fervedoiro de entusiasmo da xente moza e non tan moza, nacida na meirande parte a finais dos corenta, primeiros dos cincuenta —que medrara, coma min, cos mitos que nos proporcionaba o réxi- me, cos soños anestesiados pola ditadura que tantas brétemas sementou—, nas últimas rabeleadas desa opresión e primeiros abrentes da democracia, esta- ban, estabamos, a vivir continuas descubertas na procura de canles que nos permitisen recuperar a identidade. Boa parte destes apaixonados restaura- dores —tanto da memoria colectiva como de me- morias persoais— estaban relacionados co mundo do ensino. Tiñan, tiñamos, en común a mutilada memoria de infancia, nun tempo de silencios que —cal pantasma que habita nun casal pechado sen se decatar— nos mantiña adormecidos e inxenuamen- te felices. Incentivados pola lembranza daquela Juventud Le- rezana creada en 1929 da man dun “verdadeiro marxista rural”, Manuel Gama Casalderrey, de Xosé M. Arribas Hermida e outros —da que deron emo- tiva conta en diferentes ocasións—, e posuídos por un fervor contaxioso, esta sorte de irmandiños fóronnos descubrindo tesouros ocultos; talmente coma quen —rematado o tempo de peste— raspa as paredes caleadas da casa propia e vai atopando obras de arte que quere restaurar e inventariar. Unha delas foi a lingua. Todas as actividades se fixeron, dende o principio, integramente en galego. *********************************** O primeiro era buscarlle un nome... A suxestión de Benigno García C., CEDOFEITA resultou o escollido, mais non foi elixido ao chou; pouco a pouco, fóronnos revelando datos sobre esta estrutura defensiva coa que contaba o bispado de Iria en 916: a Torre de Cedofeita, documentada no texto de doazón de Ordoño II ao Mosteiro de Lérez e, máis tarde, en marzo de 1169, doada á Igrexa Compostelá por Fernando II. Contan as crónicas —e así se recolle nesta publicación— que, cando Xelmírez chegaba ás terras de Cedofeita, xa se sentía a salvo. Cedofeita —“Citofacta”—, convertérase no centro estratéxico-defensivo do río. Non é pois de estrañar que Afonso Henriques de Portugal se apo- derase do Castelo e, malia asinar a Paz do Lérez , que o instaba a retirarse ata a liña do Miño, se negase a devolvelo. E velaí emerxe a lenda: Santiago Apósto- lo, o Fillo do Trono , preséntase en forma de raio e derruba o castelo; os soldados lusos que sobreviven á traxedia foxen espavorecidos. O propio nome, CEDOFEITA, indícanos o selo que mantiveron dende o comezo: cidadáns do mundo, si, mais partindo de nós mesmos: buscando nas raíces, nas pontes, nas fontes, no folclore, na arquitectura popular no seu conxunto, na toponi- mia, na heráldica..., para coñecérmonos e querér- monos. Esa foi a primeira pedra dun fermoso proxecto, que os anos converteron en consolidada e respectada realidade: ciencia, humanismo e gale- guismo son os esteos que sosteñen a súa filosofía. Xa dende o principio, as exposicións, as charlas, as con- ferencias, as proxeccións, as presentacións de li- bros... naqueles xoves culturais que logo pasaron a ser os venres, os concertos, cursos de folclore, tea- tro, marionetas, xornadas micolóxicas, saídas cultu- rais, cursos de galego... foron, e continúan a ser, actividades das que toda a veciñanza, socios ou non, podemos gozar. As portas, sempre abertas... Nin os bailes faltaban! ***********************************

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=